O meu PLE

PLE.jpg

Na clase do venres 27 de febreiro escoitei por primeira vez o nome de varias páxinas ou programas que me pareceron interesantes e sobre todo útiles para o meu día a día.

Algúns destes son:

- O Google Académico, xa que realmente non é unha ferramenta que utilizara xa que para min pasaba desapercibida, pero agora sei que pode facilitar a realización de tarefas xa que me da a opción de buscar artículos relacionados con algún que me pareza interesante, filtrar os arquivos según o ano, gardar o atopado na miña biblioteca... É dicir, ten posibilidades que poden facilitar o traballo.

- Sobre o Google imáxenes descubrín que se subes unha foto clara é probable que a recoñeza e nos diga o nome se nós non sabemos que lugar ou cousa é.

- A aplicación Symbaloo paréceme realmente cómoda. Sería como os marcadores que temos gardados no noso navegador pero desta forma é moito máis cómodo,  porque teríamos todas as nosas webs habituais nunha pantalla e ao pulsar sobre algunha delas accederíamos directamente. Sobre esto teño que dicir que para creo que é moito máis cómodo o feito de que ao abrir unha sexa nunha pestaña nova que a opción que existe de que apareza un pequeño recadro na mesma pantalla do Symbaloo co máis destacado. 

- Por último mencionaría o Delicious, que nos permite subraiar e crear notas nun documento web.