Carta á tecnoloxía

Querida “Tecnoloxía”,

A pesar de que a nosa relación non sexa moi intensa nin formal, non podemos negar que sí que é diaria e algo dependente, por iso, para saber cómo chegamos a isto, farei memoria de como chegaches á miña vida.

O noso primeiro contacto remóntase a, aproximadamente, o ano 1999-2000 tendo eu uns 8 anos, cando chegou o primeiro ordenador á miña casa con Internet. A relación non era precisamente directa, pero recordo observar a meu irmán maior enloquecer con numerosos xogos e as múltiples discusións por ter que apagar internet para poder utilizar o teléfono. A verdade, considerábate máis unha molestia que un beneficio. Pero e que en realidade eu tardei ainda uns anos en coñecerte pola miña propia man. Comecei con xogos pero pouco a pouco funme introducindo en redes sociales tales como: fotolog, Messenger, tuenti… Comezaches a ser algo indispensable, que todo o mundo utilizaba e que si non facías o mesmo quedabas totalmente desactualizado. Esa sentimento, co paso dos anos, foi en aumento.

No ámbito académico non te recordo ata a ESO, en materia de tecnoloxía e informática, pero non considero que esta asignatura me formara significativamente en prácticamente nada. Gracias a que fun a mecanografía e informática, como actividade extraescolar, ensinaronme a crear o correo electrónico, realizar documentos Word, introducción a Excel e powerpoint….etc elementos que a día de hoxe son indispensables para un bó uso do ordenador no ámbito académico.

O mesmo tempo que comecei a coñecer o mundo do ordenador, coñecín o mundo dos móbiles. O primeiro recordo compartilo con meu pai cando eu tiña sobre 12 anos. Antes diso a miña forma de comunicación cas miñas amigas era a través do teléfono fixo das súas casas, os cales xa me sabía de memoria. Ca aparición dos móviles a forma de comunicación tamén cambiou xa que o meu emprego destes teléfonos limitábase a enviar algunha mensaxe e dar “toques” como forma de saúdo. Os “toques” loxicamente eran gratuítos, ó contrario que as mensaxes, pero chegaban a ser agobiantes. Recordo darme máis de 50 “toques” con algunha persoa, e a día de hoxe sigo sen saber cómo os diferenciábamos das chamadas perdidas.

Actualmente disfruto de ordenador portátil , móbil e Tablet (ainda que a esta última non lle atopo moita utilidade despois de ter os dous primeiros). Estes tres obxectos axúdanme a estar 24h en contacto contigo tanto para falar con alguén, escoitar música, buscar algunha inquietude… Obviamente pasaron bastantes anos dende a primeira vez que collín un ordenador ou un móbil pero tampouco creo que os meus coñementos avanzaran moito máis do que sabía. Os programas que emprego son os mesmos e aquelas redes sociais desapareceron, pero no seu lugar temos outras como Facebook ou Twitter. Por iso eu tamen me pregunto ¿sabemos utilizar a tecnoloxía? Pode que si, pero ¿correctamente?.

Querida tecnoloxía, das paso a un mundo increíble e infinito de información e sabiduría, pero tamén existe en ti un lado oscuro, un lado que pode contaminar nas persoas, un lado que sempre vai existir…entón, ¿as persoas estamos suficientemente preparadas para diferenciar entre o bó e o malo? Algunas veces tamén penso sobre como cambiou a forma de comunicarnos, e incluso chega a entrarme algo de angustia pensar en si somos capaces de tomar un café con alguen sen sacarlle a mirada o noso móbil.

Para finalizar, querida “Tecnoloxía”, espero que durante este cuatrimestre nos levemos o mellor posible e tamén espero non volver a verte en xullo.

                                                                                        

                                                                                     Atentamente, Susana.

Comentarios