• Blogs
  • Xeila
  • Obxectivos da materia Tecnoloxía Educativa

Obxectivos da materia Tecnoloxía Educativa

Posto que na primeira das clasees expositivas se estivo dando conta de diversos conceptos en relación ao termo Tecnoloxía Educativa, pedíusenos expor algúns obxectivos que queiremos acadar ao longo destes meses nesta materia. No meu caso, creo que os meus obxectivos nesta área son:

- Diferenciar as Tecnoloxías Educativas das non educativas.

- Aprender e avaliar os diferentes usos das Tencoloxías Educativas.

- Saber sacarlle o máximo partido ás Tecnoloxías Educativas.

- Afondar nas diferentes funcións e limitacións destas Tecnoloxías Educativas.

Polo tranto, creo poder sacarlle proveito a esta materia posto que é un moi bo recurso na miña formación.