• Blogs
  • Lucía
  • A imaxe errónea das Tecnoloxías Educativas

A imaxe errónea das Tecnoloxías Educativas

A seguinte entrada ten relación coa clase expositiva do paso martes. A temática da Tecnoloxía en xeral, e da Educativa en particular, preséntasenos ao longo de toda a nosa vida como un campo de innovación onde os materiais que non pasan a un protagonismo inmediato nas nosas vidas son "desintegrados". Esta afirmación, da que sempre tivemos a certeza, quedou totalmente anulada. 

Se miramos ao noso redor nunha aula convencional estamos a observar milleiros de marcas de tecnoloxías educativas que no seu momento foron unha auténtica revolución no campo da ensinanza e que hoxe, eclipsadas por novos materiais, pasan totalmente desapercibidas. 

Poño por caso a pizarra, ese gran taboeiro verde ou negro no que todos escribimos algunha vez con tiza branca ou de cores para solucionar un problema, marcar o núcleo, predicado e complementos dunha oración, debuxamos, puxemos a data... Pois no seu momento histórico, que algúns datan do século XVIII, foi unha auténtica tecnoloxía xa que suprimiu aos "pizarrís" individuais (logo substituídos polas libretas, outra tecnoloxía que nos vemos xa eclipsada polas tablets ou ordenadores, que deu moito que falar debido á tala de árbores excesiva para fabricalas) onde o traballo que realizabas era totalmente persoal e temporal. Permitiu que as clases foran unitarias, de un para todos, sendo o mestre o punto de atención e permitindo que todos os discentes atendesen ás súas explicacións. Ten os seus inconvintes de cara á nova pizarra dixital. Por exemplo, as convencionais impiden ao docente visualizar a clase de mentres escribe, os coñecementos tampouco son permanentes xa que hai necesidade de borralos, o polvo da tiza pode ser molesto... Pero aínda así, segue a ser unha revolución. Un punto e a parte das aulas. E os lapis? Nunca pensei en consideralos unha tecnoloxía a verdade... E si que o son! 

O certo é que vivimos nun mundo onde todo o novo, todo o que está de moda ou nunca foi visto antes é o considerado como o "boom" da tecnoloxía. E non é esa a actitude. A tecnoloxías deixan de ser novidade, deixan de ser tema de conversa ou discrepancias, pero non deixan de ser innovación no momento no cal foron descubertas. E tampouco deixan de ser funcionais todas elas.

Ademais desa reflexión, a clase expositiva serviume para interesarme pola película "Men, Women & Children" que xa está na miña lista de visionados pendentes.

Deixovos un enlace que me parece moi interesante. Trátase dun traballo en PDF, de Juan Luis Bravo Ramos, onde podemos ver datos sobre o papel e a importancia no uso didáctico de distintos medios tradicionais de ensinanza.

 

http://www.ice.upm.es/wps/jlbr/Documentacion/Libros/pizarrayotros.pdf