Exemplo sobre o QR

Por Sandra

Realizamos unha actividade tomando como base os QR. A temática da nosa actividade son as estacións do ano, tema moi frecuente e de interese en educación infantil.
Consideramos que unha das mellores formas de aprender que ten un cativo/a é a través das cancións e dos contos de aí a que coa axuda dos QR, intentamos unir estes dous recursos nunha mesma imaxe.

Esta actividade podería formar parte do chamado libro viaxeiro creado pola mestra/e.

Todos os nenos e nenas terían un libro creado por actividades semellantes a estas, coa finalidade de poder reproducir as actividades realizadas na aula, ensinarlle distintas actividades que eles realizan, distintos bailes, escoitar novamente os contos e as cancións utilizadas na aula....
Consideramos que este é outra forma de establecer un nexo de unión entre a familia e a escola.

Uxía Pedreira Castro

Sandra, Rey Louzao