Qué é a Tecnoloxía?

Comezamos a clase do pasado martes ca pregunda de: ¿qué é a tecnoloxía? E a medida de que foi avanzando a clase repetinme unha e outra vez esa pregunta.

Segundo a RAE, defínese a tecnoloxía como : Conjunto de teorías y de técnicas que permiten el aprovechamiento práctico del conocimiento científico. Polo tanto, que é a tecnoloxía? Ata o de agora na miña cabeza solo respondía a iso como obxectos tales como ordenadores, tablets, teléfonos móviles, etc. Pero esta definición abarca moito máis, sin ser só os elementos dixitalizados que pensaba. Calquer elemento, e tamén coñecementos ou técnicas, por simples que parezan pero que axuden o ser humano a modificar o seu entorno para satisfacer as súas necesidades, iso será tecnoloxía.

Na segunda parte da clase, observamos o tráiler de dúas películas Men, Women & Children e Her que tamén me fixeron reflexionar. Na primeira, observábase a persoas de distintas idades empregando o teléfono móvil continuamente na rúa, na escola, no traballo, na cama..e tamén o uso de redes sociais ca publicación de fotos, videos, etc a través do ordenador. Cando vía o video estaba vendo algo que non me gustaba, persoas dependientes e que parecían que estaban sen vida, usando o móvil a todas horas e publicando fotos en redes sociais de forma masiva. Pero despois pensei que iso era unha realidade, que en verdade todas e todos o facemos (en maior ou menor medida). Todos estamos pegados a eses pequenos teléfonos 24h e todos temos Facebook ou outras redes onde publicamos a nosa vida privada. Cas miñas compañeiras facíamonos a pregunda de: seríamos capaces de pasar 3 meses ou 1 ano sin móvil?  Sen dúbida creo que sería difícil, non só por min se non polo entorno, pero quero pensar que sí sería capaz, que ainda que vivira desconectada un tempo, iso non supoñería ningún trastorno na miña vida. Por outro lado, no tráiler de HER mostraba a vida dun home namorado dun sistema operativo. Este vídeo sí que é algo irreal pero, durante canto tempo? Quero pensar que o ser humano non vai a chegar a desuhamizarse tanto como para namorarse de máquinas, ainda que nun futuro existan sistemas operativos que nos encanten e que incluso modifiquen as nosas vidas.

O que está claro e que a técnoloxía está ahí e vai seguir estando sempre, debemos aprender a convivir con ela pero sendo responsables e sen olvidarnos de que somos persoas, que ás veces debemos aprender a apartar ó móvil dos nosos ollos e prestar atención ó mundo que nos rodea.

 

 

 

 

Comentarios

  • Carla Vázquez Formoso

    Chámame a atención a proposta de estar sin o móbil durante tres meses ou incluso un ano, e creo que tes razón, non sería por que ti ou eu ou calquera non o intentase, sería polo resto do entorno, que seguiría pegado ao teléfono, facendo plans ou vendo fotos en Instagram; polo que ao final, as persoas que intentasen despergarse do móbil, quedarían un pouco apartadas de todo Undecided