A doble vida en Facebook

Como plasma o vídeo que se presentou anteriormente, a vida que se publica nas redes sociais en moitas ocasións non se corresponde ca realidade. Estamos ante unha distorsión provocada da vida real, debido á necesidade de aceptación e de reforzos positivos dos nosos iguais (un claro exemplo diso son os "likes").

As redes sociais permítennos mostrar o que nos queremos co obxetivo de parecer o que realmente queremos ser. En certa maneira danos un control sobre o que a xente sabe e pensa de nos, o que nos transmite unha gran sensación de tranquilidade.

Isto supón a aparición de novas realidades (en moitas ocasións paralelas á que levamos fora da rede) así como de novas necesidades e posibles dependencias.

É ahi onde na miña opinión xoga un papel decisivo a educación, no sentido de formar ós usuarios das TIC ó longo da súa vida para asegurar un uso correcto das mesmas.