Campos inexplorados

Onte a noite, na cadena de televisión "La Sexta" emitiron unha reportaxe sobre as novas tecnoloxías, as aplicacións máis actuais e, incluso, ensinaron o Campus de Google, desde onde se realizan todos os movementos.

Moi ao meu pesar, non dou co enlace para poder amosárvolo pero aportarei datos que a min, persoalmente, me pareceron significativo.

Un dos entrevistados, xa de cara ao final da reportaxe, ensinaba como controlaba o termostato da calefacción da súa casa desde calquer punto onde se atopase, gracias a unha aplicación no seu móbil que lle retransmitía os graos exactos e o consumo que se estaba a xerar. Deste xeito, podía baixar ou subir esa temperatura e controlaba, exactamente, o gasto enerxético. 

A continuación, no gran Campus que ocupan as oficinas centrais de Google, falaron coa responsable da nova aplicación para controlar o tráfico, os semáforos e os atascos. Decía, convencida, que deste xeito podemos aforrar entre cinco ou dez minutos de camiño. Os inconvintes? Esta nova ferramenta necesita saber o lugar exacto onde nos atopamos, estemos ou non usando o noso vehículo. Polo tanto e, crendo na responsabilidade da empresa de non empregar esa información para outros fins, podemos ter a inseguridade de sentirnos demasiado controlados. 

O interrogante que me fixen, pensando tamén noutros vídeos sobre robótica, emprego de máquinas funcionais para surpimir o traballo manual, etc., é: a onde podemos chegar? Que horizonte se nos presenta dentro de dez anos de avances?

De momento non teño resposta e creo que, con toda a cantidade de información, facilidades, ferramentes e mecanismos dixitais que xurden cada día, ningún de nos o ten o suficientemente claro. 

E coa Educación? Veremos en perigo a metodoloxía do presente? 

Para finalizar e ter tamén conexión co interrogante sobre o noso sistema educativo, podemos enlazar o artigo do que falamos co mestre Antón Costa e que, creo, incita a pensar se estamos polo camiño correcto de proseguir con métodos tradicionais ou tamén, como no caso das novas aplicacións, nos temos que renovar para adaptarnos ao novo mundo da comunicación e a información:

http://www.eldiario.es/catalunya/secundaria-conservadora-publica-horizonte-jesuitas_0_365014602.html

Comentarios

  • Noelia Fernandez Alvarez

    Despois de todo o que transmites tras o visionado desta reportaxe... Eu penso similar, se todo pode ser controlado dende lonxe e a través das novas tecnoloxías, que vai ser destes avances nun futuro? Todo seguirá medrando de tal xeito? De que xeito se verá modificado o noso papel como futuras pedagogas?

    Oxalá eu puidese darlle resposta a calquera das túas cuestións, pero como ben dis ti, seguramente ninguén o teña suficientemente claro.

    Esperemos que poidan ir xurdindo respostas co paso do tempo e coa experiencia.