A "seguridade" nas Redes Sociais

Está claro, e cada día é mais evidente, que a sociedade non só precisa dunha seguridade no seu día a día nas rúas e como persoas físicas, senon que tamén este aspecto evoluciona e avanza co paso do tempo e as innovacións que nas nosas vidas se presentan. De ahí que aparezan cada vez máis especialistas en delitos informáticos e profesionais deste ámbito.

Na noticia que relaciono a continuación trátase este tema, o da seguridade nas redes sociais por parte dos corpos de seguridade do Estado, sendo denominados como "axentes encubertos informáticos" para desenvolver unha función que en moitos casos debería ser levada a cabo polos pais de menores que se adentran nas redes sociais.

Este papel desenvolto por parte de policías paréceme unha labor moi acertada aos tempos tecnolóxicos nos que vivimos, sobre todo con respecto a eses usuarios menores de idade que en moitos casos non teñen eses coñecementos necesarios sobre o que é ser usuario destes sitios e das informacións que neles se publican ou consumen, así como dos contactos e relacións con outros usuarios que podan establecerse, tendo especial atención deses casos nos que non se ten unha certeza sobre a persoa que se atopa ao outro lado da pantalla.

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/espana/2015/03/15/agentes-encubiertos-podran-actuar-bajo-identidad-falsa-redes-socialesbr-/00031426423444450557925.htm