Inculta é como me sinto

Soleado día en Santiago, como cada luns dirixímonos o cu do Campus Sur para a materia de Tecnoloxía Educativa. Non me esperaba atoparme este luns con semexante panorama. Soábanme na miña cabeza conceptos que algúns de vos xa publicáchedes no blog a semana pasada, conceptos como busca Booleana e os seus operadores AND, NOT e OR. Ía preparada para unha clase que xiraría en torno a eses termos, pero non para falar de maneiras de busca ou de tipos de buscadores. 

Eu, como a maioría de vos supoño, buscaba a información que necesitaba poñendo en Google as palabras o chou, sen pararme a pensar en resultados, cómo está agrupado Google, páxinas atopadas ... En palabras simples: son unha desgraciada á hora de buscar na rede.  Decateime de que hai xente que sí que se paraba un pouco máis para buscar no Google Académico ou en Dialnet. Eu NON. Que desastre. Se vos dades conta todo xira en torno a Google tamén, nunca se me pasou pola cabeza buscar en ningún outro motor de busca.

En canto a Google, Adriana fixo unha comparación moi clara en canto ó pouco criterio de busca que temos: nós sabemos buscar nun diccionario porque dende pequenos nos ensinaron o alfabeto, polo tanto temos un criterio á hora de comezar a buscar por unha palabra. En internet non temos ningún tipo de alfabetización dixital que nos axude, non sabemos como está organizada a base de datos, polo que nos dedicamos a ir dando tumbos, polo menos eu, ata que atopo algunha páxina que me parece interesante, que o fin e o cabo non ten porque selo. Se xa me vía pequena en comparación ca infinidade de cousas que se podían atopar na rede, agora aínda máis, xa que, realmente só me movo e contemplo como o 20% (ou menos) de todo o que podo atopar. 

Nunca tampouco me parar a mirar cómo a variación de palabras na busca me podía dar un número de resultados ou outros, sendo aínda centos de miles ou milleiros os que Google nos da. Fixemos un exercicio de busca no que, a partir de tres palabras básicas como: desenvolvemento, tecnolóxico e escolas; os resultados podían variar moitísimo. Se acotas a busca pola situación xeográfica ou temporalidade, todo cambia radicalmente. Por exemplo pasei de ter 1350000 resultados (que se di rápido) buscando "desenvolvemento tecnolóxico escolas" a ter 8270 resultados se o acotaba a publicacións da última semana e incluía "desenvolvemento tecnolóxico escolas primaria SXXI". E pasaban, se ía o Google Académico a ter só 14 resultados, incríble! 

Que quero dicir con todo isto? Que o que eu pensaba que era un traballo ben feito de busca tras busca e a consulta de decenas de páxinas, se convertiu nunha basura comparado con todo o que podes chegar a facer para axudarche nas túas pesquisas. A iso se debe o título, inculta é como me sentin con todo o que descubrin na clase de hoxe. Tampouco sabía nada de que existían distintos tipos de buscadores ou incluso marcadores sociais! Que che permiten ver as páxinas que autores teñen sinaladas como importantes no seu ámbito. 

Espero, que conforme vaia aprendendo, vaia utilizando pouco a pouco este tipo de técnicas de busca, buscadores e marcadores, xa que, che facilitan moitísimo o traballo de busca de información (xa non nos metamos en se é fiable ou non, que eso é outro tema).

Ademais, Adriana fixome pensar sobre outro tema, como pode ser que eu teña nas miñas páxinas de favoritos do Chrome Faceebok, Twitter, Gmail .... pero nin unha soa páxina que me actualice noticias do ámbito educativo? Como pode ser que non teña ningún autor predilecto sobre o que seguir as súas ensinanzas? Isto ten que cambiar, polo menos pola miña parte, xa que, en un par de anos serei unha Graduada en Pedagoxía, posiblemente pasarei anos no paro pero ese non é o caso. O caso é que realmente non teño nin idea do mundo que me rodea en canto educación. Si, sei sobre Piaget ou Dewey e outros autores, pero actualmente? Sinceramente, pouco sei. 

Asique remato este post coa seguinte reflexión e pregunta: Síntome incríblemente pequena (máis se é posible) tanto no mundo das tecnoloxías da educación como no campo da pedagoxía en xeral, e isto ten que cambiar.

E vos? Sentídesvos igual? Ou algún coñecía todas estas maneiras de busca?

Tendes páxinas educativas as que seguir? (Porque se é así agradeceriavos que as compartírades)

Conclusión: temos que seguir crecendo como pedagogas e pedagogos! Wink 

Comentarios

  • Iria Vilar San José

    Eu aínda non tiven a interactiva e xa me sinto unha ignorante dixital... Tamén carezo duns bos criterios nas miñas procuras pola rede.

    En canto ao de seguir páxinas educativas, o certo é que apenas paso de ollar de cando en vez as edicións dixitais de revistas de pedagoxía (e moito menos a miúdo do que debería!).

    É unha pobreza, canto empregamos as TIC e o mal que o facemos.

  • Carla Vázquez Formoso

    Ti polo menos miras de vez en cando as revistas dixitais Iria, porque eu, a menos que me fagan falta nun momento dado, nin eso! 

  • Ana Morala Escobar

    Ya somos dos Carla! 3 años de carrera, cien mil asignaturas y aún estamos súper perdidos en muchos aspectos tan importantes como la búsqueda de información... y no será por haber tenido pocos trabajos!! jajaja. Muy de acuerdo con la frase de Iria, cuánto usamos las TIC y qué mal lo hacemos!

  • Ana Morala Escobar

    Ya somos dos Carla! 3 años de carrera, cien mil asignaturas y aún estamos súper perdidos en muchos aspectos tan importantes como la búsqueda de información... y no será por haber tenido pocos trabajos!! jajaja. Muy de acuerdo con la frase de Iria, cuánto usamos las TIC y qué mal lo hacemos!

  • Ludmila Rajoy

    Comparto la idea de ser una patata en esto de la búsqueda... Aparte, las veces que entro en páginas al azar "por si acaso..." hacen aún peor este sentimiento de inutilidad. Y comparto totalmente lo del ámbito educativo. Pienso que es un tanto vergonzoso por nuestra parte darle tanta importancia a tener el Facebook a un clic y no entradas hacia temas que nos deben interesar mil más,

    Pero, me pregunto: ¿y si soy así de "cadela" en esto de las búsquedas por el mundo cibernético porque no tuve ganas de aplicar lo que algún día sí que me enseñaron? Es decir, todxs sabemos que en Documentación deberíamos haber aprendido a utilizar (no todo) mucha de la información que ayer nos dejó patidifusos: tema booleanos, otros buscadores, etc. 

    No sé, ya no sé si somos así de lentos por ganas o por verdadera falta de conocimiento sobre tooooodo lo que Internet nos ofrece. Un mundo lúgubre donde perderse fácilmente.

  • Maria Formoso Silva

    Moi boa entrada Carla. Síntome completamente identificada e seguramente a todos ou á maioría dos compañeiros lle pase o mesmo.

    Canto tempo nos aforraríamos se supéramos manexarnos cos buscadores e coa información que temos cada día ao noso alcance. Resulta moi frustrante e agotador estar en Google durante horas tentando buscar todo tipo de documentación e ao final non atopar nada que nos interese ou nos sirva. A min pasoume un montón de veces pero ao final sempre volvo ao mesmo sitio. E o problema recae fundamentalmente, como non pode ser doutro xeito, en non saber como utilizar e aplicar os coñecementos que temos con respecto á búsqueda pola web.

    No referente ao ámbito educativo non teño moito máis que engadir, é moi triste pero teño que admitir o que penso que quere dicir Ludmila. Parece que nos interesa máis estar ao tanto do que lle pasa a todo quisqui polas redes sociais que estar informados do que ocorre na actualidade no campo da educación e no noso futuro traballo profesional.

    Inevitablemente, iso ten que cambiar.

  • Carla Vázquez Formoso

    Ludmi: penso que o que adquirimos da materia de documentación é información, non coñecemento, porque realmente, e seguindo o debate que tivemos onte na clase expositiva; eu nunca cheguei a intereriorizar ou aplicar esa información de ningún xeito. Asi que, non sei se verdadeiramente somos así por non ter ganas de aplicalo, ou porque (e admíteo) ningún lle fixo moito caso a esa materia que era Documentación ... A min, por exemplo, non me motivaba en absoluto, o que me levou a pasar por alto moitas das cousas que ali se explicaron. Asique na miña defensa e na de moitos, considero que o que nos pasa é falta de coñecemento, pero tamén motivación e ganas.

    María: estou dacordo con ambas no feito de que tan pronto encendemos os nosos ordenadores o primeiro que facemos é ir a Facebook ou Twitter (aínda que ultimamente tamén a Stellae Wink); e sí, estou tan frustrada coma ti no feito de pasar horas e horas buscando información e non dar con nada ... necesariamente, inevitablemente como ti dis, ten que cambiar