Búsqueda de información

Na interactiva de hoxe estivemos traballando sobre como facer unha búsqueda efectiva en Internet de tres conceptos que ata o de agora se tiveran traballado na materia de tecnoloxía educativa. A primeira opción que se me pasou pola cabeza foi a de poñer esa orde de tres palabras en Google, podendo comprobar que o número de resultados que aparecían era moi amplo. Dita cantidade de información resulta imposible de consultar polo que se debe realizar unha búsqueda máis específica e non tan xenérica. Para isto explicounos a profesora como podiamos facer para reducir o gran número de páxinas que nos aparecían na búsqueda, ademáis de recomendarnos que hai máis opcións que Google para encontrar información. Logo de seguir estes consellos, o volume de páxinas web que aparecían era bastante máis reducido ata chegar incluso a aparecer un so enlace. Cabe reflexionar sobre isto acerca do tempo que perdemos para encontrar información por simplemente non ter interiorizados os "trucos" que nos permiten un aforro de tempo en dita búsqueda ou por non se parar un momento a pensar en sobre como orientala. Considero tamén que dito acotamento de enlaces nos pode levar a que a información que se recolla neles non nos resulte efectiva ou interesante, polo que ás veces é importante ter unha maior variedade a fin de poder obter un maior contraste de información.