Obxectivos para Tecnoloxía Educativa

Hai varias cousas que quero acadar nesta materia, pero creo que as que máis destacan son tres:

-Recoñecer os instrumentos e recursos útiles para desenvolver o proceso de ensino-aprendizaxe.

-Aportar coñecemento aos novos escenarios formativos en liña.

-Empregar de xeito ético as tecnoloxías a través dunha ollada crítica aos seus obxectivos e xeitos de emprego.

Igual estou a tirar un pouco polo alto, son obxectivos difíciles de acadar e, son consciente, tamén difíciles de avaliar, pero é o que realmente me gustaría acadar ao fin do cuadrimestre.