Qué obxectivos me propoño con respecto á materia de Tecnoloxía Educativa?

Rematado o período de prácticas, tocaba comezar a indagar sobre tres novas materias no meu camiño como pedagoga.

Unha destas tres materias era denominada Tecnoloxía Educativa.  

Coñecendo só o nome da materia e algunhas orientacións que me podía dar o programa da mesma, pensei que esta materia me permitiría:

-          Coñecer diferentes recursos educativos ligados á tecnoloxía que poida empregar con diferentes grupos de usuarios.

-          Aprender a empregar estes recursos educativos de modo que produzan beneficios e melloras na aprendizaxe dos usuarios.

-          Coñecer as posibilidades educativas que nos ofrecen os medios e recursos  tecnolóxicos  que nos rodean día a día.

-          Mellorar as miñas destrezas en canto ó uso das novas tecnoloxías.

 

-          Aprender a ensinarlle aos usuarios da tecnoloxía a manexala correctamente e sacarlle partido.