O cotilleo como forma de aprendizaxe na rede

 Vin que fai uns días Adriana colgou un artigo en The Wire no seu perfil titulado Cómo aprenden los estudiantes con la tecnología, do periódico El País. Vino e chamoume a atención, xa que non me esperaba que ela fose colgando noticias ou novidades que nos poidesen interesar. O artigo fala dalgunhas das conclusións que se extraen do documento Tecnologías para la transformación de la educación, presentado na XXIX Semana da Educación da Fundación Santillana.

Nel alúdese a que moitos estudantes non saben resolver problemas simples do día a día. Este problema estaría subsanado se, dende pequenos, utilizasen ferramentas interactivas complementarias no aprendizaxe que lle permiten entender moito mellor os conceptos, como poden ser ThinkerTools, SimCity ou Geogebra.

Parécenme iniciativas e aplicacións, das que eu persoalmente nunca oíra falar, super interesantes para o desenvolvemento das aprendizaxes, xa que, como vas entender mellor a forza centrípeta dun obxecto? A partir dunha fórmula escrita nun caderno ou nunha representación visual de cómo funciona? Eu creo que a resposta é simple. Non estou dicindo que se teña que deixar de ensinar da maneira tradicional, senón que, no mundo no que estamos hai infinidade de ferramentas que poden complementar o ensino para facelo moito máis intuitivo e visual; o que facilita, na meirande parte dos casos, a súa absorción e entendemento.

O artigo, por se non o víchedes, é o seguinte:

http://tecnologia.elpais.com/tecnologia/2015/02/24/actualidad/1424790345_946007.html

Por outro lado, esa Semana da Educación levoume a investigar de qué se trataba, xa que, e sen intención de ser pesada, outra vez non sabía nin que existían. Esta semana centrouse en responder a unha pregunta ¿Qué pode aportar a tecnoloxía? O documento básico das xornadas é o de Tecnoloxía para a mellora da educación, de Francesc Pedró. Nel, intentan mostrar a súa visión de cómo a escola necesita transformarse, xa que a tecnoloxía esta e estará presente si ou si entre nós, polo que debemos incluíla no noso día a día educativo. Por outro lado mostra unha serie de razóns polas cales a tecnoloxía contribúe á transformación da educación, dende aprender activamente ata aprender cooperativamente e a ampliación de horizontes. O documento é moi extenso, pero invítovos a cotillear algo pola páxina, xa que tamén hai vídeos sobre as conferencias dadas esa semana.

Aí vos vai:

http://www.fundacionsantillana.com/semana-de-la-educacion/index.html

Xa acabo, pero é que tamén atopei que o pasado ano se celebrou o I Seminario Internacional de tecnoloxía para a transformación e a mellora da educación; promovido así mesmo pola Fundación Santillana. Déixovos igual que antes o link para que poidades darvos un paseo pola páxina deste evento, tendo igualmente documentos e vídeos sobre o mesmo:

http://www.santillana.com.co/www/seminario_latinoamericano_de_tecnologia/index.html

Veña, que non solo temos que cotillear a páxina de Zara ou o Marca, hai miles de cousas interesantes que ver! Wink

 

Comentarios

  • Andrea Iglesias Morenza

    Que razón! Tenemos que tener claro que la tecnología no está para substituir esa enseñanza tradicional, pero tenemos que fomentar el apoyo de la tecnología, ya que gracias a ella podemos ir más allá y adquirir información sobre aquello que nos interese o necesitemos. Desde luego, educación y tecnología tienen que complementarse, ir de la mano, ya que en la sociedad actual considero que es necesario tanto una tecnología educativa, como una educación sobre el uso de la tecnología.

    Por otro lado, cotillearé esa página ya que tiene muy buena pinta. Wink 

  • Carla Vázquez Formoso

    Que grande Andrea eso de que educación e tecnoloxía teñen que ir da man! Laughing

  • Ana Morala Escobar

    Buenos días Carliiii! Yo también leí el artículo que compartió Adriana y estoy de acuerdo completamente con tu opinión y la frase de Andre (Filoooosofa jajaajaja).

    Con relación al documento de Tecnología para la mejora de la educación, de Francesc Pedró, me pareció súper interesante, y gracias a él llegué a un montón de publicaciones más (que espero poder ir publicando cuando tenga tiempo), pero mil gracias por compartir el link del I Seminario Internacional de Tecnología, no había oído hablar de ello, asique habrá que informarse!! Laughing

  • Carla Vázquez Formoso

    Booooos días Anaa! Alegrome un montón de que che servira de axuda! Asique, como compartir é o máximo que podemos facer, espero que esas publicacións interesantes que vaias atopando as vaias compartindo comigo e co resto Wink

  • Rocío Rodríguez Estévez

    El "ir de la mano" de Andre acaba de dejarme "anonadada", yo también cotillearé en las webs que nos has dejado, y cabe decir que no me hubiese venido mal que desde pequeña me enseñasen a trabajar mejor con las nuevas tecnologías. Estoy completamente de acuerdo con el hecho de que la nueva sociedad de la información nos exige saber manejar dichas tecnologías y que son un elemento de apoyo educativo que viene pisando muy fuerte.