Tecnoloxía como fenómeno do século XXI?

Durante as primeiras sesións expositivas, fóronse recollendo termos a modo de choiva de ideas acerca da Tecnoloxía Educativa. Nun primeiro intre, foi sorprendente como se ían rexistrando no encerado termos positivos (mellora dos procesos de aprendizaxe, recursos e materiais, e – learning, etc.); para logo dar lugar, aspectos máis negativos como a sobreinformación, dependencia, distorsión, etc.

Ante o avance da Tecnoloxía, estamos inmersos no concepto da mesma como algo disruptivo, xa que vivimos conectados e isto xera unha despersonalización, deshumanización das persoas e tamén a modificación de relacións. Cremos que é algo que nos afecta persoalmente polo feito de que avanza a pasos axigantados; mesmo xerando xeitos de comunicar diferente (coa utilización dos teléfonos móbiles ou outros aparellos). Sitúanos na balanza entre o virtual e o real. Pero, por que acontece isto? Que é o que nos leva a ter este concepto da Tecnoloxía? Tan só pensamos nela como algo da era dixital, só como algo que abrangue o século XXI

Ben é certo que a tecnoloxía axuda nos procesos de ensino aprendizaxe; pero ao falar disto, directamente pensamos en páxinas web, formación a través da web – cam, aplicacións online, e – learning... É aquí ata onde quero chegar: unha tecnoloxía non é necesariamente ou unicamente isto, podemos aprender tamén gracias a un lapis ou un bolígrafo, trátanse de tecnoloxías tamén. Mesmo o encerado é unha tecnoloxía que avanzou co tempo; pasou de ser pequeno e de utilización individual, a ser un “un para todos”, e transformando así o xeito de ensinar. A realidade é que tamén avanzou á par que a tecnoloxía do século XXI, como son os encerados dixitais. Pero dende o meu punto de vista é importante non quedarse só con esta perspectiva, senón que coñecer os avances que houbo dende a súa aparición; xa que estamos a facer o contrario e isto mostra que temos un concepto da tecnoloxía equivocado, erróneo.

 

Na mesma liña, é dicir, falando do xeito de cambiar o uso dalgunha tecnoloxía (como por exemplo o encerado) nos procesos de ensino – aprendizaxe, recollo a cita de Gesbert, M. na cal indica o uso ou non da tecnoloxía para a forma de transmisión de coñecemento, abarcando distintos usos que neste aspecto se poderían facer dela:

            “Los avances, sobre todo los tecnológicos, tienden a generar cierto desconcierto, pues el hecho de no dominarlos y el hecho de tener que cambiar los procedimientos, los modos de actuar y la forma de trasmisión de conocimiento crea, necesariamente, inseguridad y por implicación lógica resistencia al cambio. Aún así, plantearnos si la tecnología debe o no entrar a formar parte del diseño curricular que enmarca nuestro acto didáctico creemos que debe escapar a toda duda, otra cuestión será el uso que nos planteemos hacer de ella: como medio y recurso, como mediador/facilitador del proceso de E-A, como variante metodológico o simplemente como apoyo a la tarea docente y facilitador del proceso de formación permanente de éste”.


Por se queredes consultar o artigo enteiro, aquí vos deixo a información:

Gisbert, M. El profesor del siglo XXI: de transmisor de contenidos a guía del ciberespacio. Universitat Rovira i Virgili (Dpt. Pedagogía). Tarragona. (Archivo PDF, recuperado o 18/3/15: http://servidor-opsu.tach.ula.ve/profeso/dossier/imagenes/archivos/TEMA%202/la%20tecnolog%C3%ADa%20y%20la%20repercusi%C3%B3n%20para%20la%20tarea%20de%20los%20docentes.pdf).