Cómo buscamos información na rede?

Sen dúbida, empregamos a tecnoloxía para buscar información na rede a cada momento, pero, en practicamente tódolos casos, ninguén  nos ensinou a facelo. Como con case todo o que ten que ver coa tecnoloxía, aprendemos experimentando.

Cando preciso algún tipo de información, abro Google, escribo as palabras que para min considero claves, e busco. Se na miña primeira búsqueda non atopo o que pensaba, cambio de palabras. Abro as primeiras páxinas que me van aparecendo e vou recompilando a información. Case sempre atopo o que precisaba, dedicándolle mais ou menos tempo.

Fai un par de días, preguntoume miña nai, que se está a iniciar nesto das  novas tecnoloxías, cómo se buscaba en Google. Indiqueille que puxera as palabras que ela cría claves e buscase. Pero, “ cómo sei cáles son? E se non me sae o que buscaba que mais poño?” . Boa pregunta. Creu que, tanto como empregamos as novas tecnoloxías para todo, teríamos un método mais preparado.

O pasado luns, na clase interactiva, recordamos e descubrimos, algúns métodos que poden axilizar a nosa búsqueda.

Falamos dos operadores booleanos, dos que xa tiña feito algún que outro traballo pero que continúo sen empregar, salvo en contadas ocasións. Empregando estes termos, especificamos a relación que queremos que exista entre as palabras que estamos a buscar. Por exemplo:

-se empregamos AND indicamos que queremos atopar resultados que conteñan os dous termos que o acompañan

-se empregamos NOT indicamos que nos interesan os resultados que conteñan o primeiro termo pero non o segundo

-se empregamos OR indicamos que queremos atopar resultados que conteñan calquera ou tódolos termos especificados.

-se empregamos XOR indicamos que nos interesan aqueles resultados  que conteñan calquera dos termos especificados pero non todos.

Falamos tamén de empregar símbolos como

 * ou “ . Cando empregamos * acompañando a un termo, recuperaremos resultados que conteñan o termo e derivados do mesmo. Empregando “ buscaremos a frase ou palabras exactas.

Non deixamos de lado a idea de que existen moitos mais buscadores na rede que Google, aínda que, en masa, empreguemos sempre o mesmo.

Non coñecía a existencia de algúns metabuscadores, que con buscadores de buscadores que ofrecen resultados de todos eles, e dos multibuscadores ( que permiten buscar un mesmo contido en múltiples motores de búsqueda) como yippy, dogpile, etc.

Resultoume moi interesante a idea das redes sociais de buscadores. A xente que forma parte destas, amosa aquí os seus buscadores, favoritas, páxinas ás que recurre… e compárteas. Un exemplo desta rede social é Delicious.

Isto fíxome ver que non conto con ningunha páxina específica a que recurrir sempre que o precise para enterarme de novas e información acerca da miña formación e futuro ámbito profesional.

Mais ben busco a información que preciso no momento nas páxinas que me vaian aparecendo.

Paréceme de moita utilidade contar con una páxina de referencia para enterarme de novas acerca da pedagoxía, igual que me informo tódolos días no mesmo xornal das novas do mundo social e político.

  

Como conclusión, penso que, moitas veces, por aforrar tempo, poñemos as primeiras palabras que pensamos no buscador, sen pararnos en búsquedas avanzadas, operadores booleanos, comiñas… Pero, non nos damos conta, que moitas veces, se nos parásemos un pouco mais en pensar o que  buscamos e como o buscamos, quizais atoparíamos antes o que estamos a buscar.

 

 Pero, sen dúbida, para isto sería necesario que se comezase a alfabetizar en tecnoloxías ó mesmo tempo que nos iniciamos no seu manexo, e que, deste xeito, non fose necesario aprender experimentado, senón tendo unha pautas claras.    

Comentarios