Buscando información de xeito distinto...

Tras ver que algunhas entradas de blogs acerca das clases interactivas, considerei oportuno aportar a miña opinión acerca dalgúns aspectos. Durante as clases interactivas, estamos comezando a coñecer distintos buscadores, marcadores sociais (Delicious) ou mesmo portais (Feedly, Good Nows, etc.).

Cando se nos cuestiona acerca de como facemos as búsquedas pola rede, que é o que utilizamos a maioría das veces, en xeral a resposta é “Google”. Ante isto, a miña opinión é que poida que non sexa o máis correcto; pero tamén é certo que anteriormente non aprendemos nada acerca doutros buscadores, sempre fomos autónomos para a recollida de información, pero como nós aprendemos dende cativos.

A formación que recibimos ata agora foi escasa e dende o meu punto de vista podo dicir que isto nos afecta negativamente. Como ben dixen antes, somos autónomos, pero ao noso xeito; e agora vémonos ante conceptos nunca coñecidos, polo que nos atopamos algo perdidos ou saturados á hora da utilización marcadores sociais como é Delicious ou páxinas como Scoop.it, que nos serve para curar información e compartila.

A  miña perspectiva é esta, e con esta materia, espero poder chegar a coñecer dalgún modo todas as novidades para nós neste campo e dominalas con normalidade.

Comentarios