Muy interesante, alegrías constantes

Muy interesante sempre me da alegrías, e hoxe non ía ser menos. Fai uns días publicaron o artigo ¿Es mejor entrenar las matemáticas con juegos de ordenador? onde falan sobre un estudio realizado na Ghent University de Bélxica no cal se medía a mellora en competencias aritméticas en estudantes que durante tres semanas practicaron con lápiz e papel e outros que o fixeron en xogos de ordenador. Foron 52 nenos avaliados en ámbitos como memoria de traballo ou habilidades visuo – motoras, preguntándoselle tamén sobre o grao de diversión que obtiveron aprendendo matemáticas.

O estudio demostrou que os rapaces e rapazas  que practicaron co xogo obtiveron máis puntuación no exame que se lle realizou despois desas tres semanas. Describen así mesmo o xogo como excitante, contra o aburrido do lápiz e papel.

Asique, vos que opinades? Usaríades xogos na aula no voso futuro profesional? Considerades que son beneficiosos?

Aquí vos deixo o artigo:

http://www.muyinteresante.es/tecnologia/preguntas-respuestas/es-mejor-entrenar-las-matematicas-con-juegos-de-ordenador-751426263215

Comentarios

  • Susana Fernandez Rodil

    "Muy interesante", coincido contigo en que nunca vin un nombre tan acertado para unha revista jaja.

    Na miña opinión, o xogo é fundamental tanto agora, no futuro ou cando sexa. Principalemnte con nenos, lóxicamente, pero tamén con adultos. Só hai que ver como estamos na clase de técnicas ou en calquera materia que nos ofrecen algo de práctica.

    Nun artigo que lía o outro día vía que habia estudos que demostraban que os coñecementos asimílanse e interiorízanse mediante a práctica e non mediante a memorización, e eu non podo estar máis de acordo. (Non lembro o nome do artigo Undecided)

  • Carla Vázquez Formoso

    Se nalgún momento te acordas pono por aí para que o poidamos ver Wink

  • Lucía

    Paréceme moi interesante o artigo que mencionas e a verdade é que eu tamén votaria por poder empregar a nova Tecnoloxía da que dispomos de xeito lúdico dentro dos aprendizaxes. 

    Creo que, de sempre, aprendemos mellor canto máis divertida sexa a metodoloxía! Laughing 

  • Carla Vázquez Formoso

    Penso coma ti Lucía, e de feito, seguindo co tema (e facendo publicidade) acabo de publicar un novo artigo no blog sobre o bo uso que se lle poden dar as tecnoloxías nas escolas, e a cantidade de recursos que temos o noso redor e realmente non coñecemos! 

  • Yaiza Ferreiros Iglesias

    Mientras leía tu entrada me acordé de una experiencia personal que creo que con ella contestaré a tu pregunta. Cuando era pequeña mis padres me compraron un juego para el ordenador que se llamaba Rayman, y recuerdo practicar las matemáticas con él. En clase me aburría profundamente y odiaba muchísimo esta asignatura, sin embargo, cuando jugaba lo pasaba pipa y me encantaban. Lo cierto esque mejoró mucho mi competencia matemática gracias a este videojuego ya que mis padres me dejaban jugar todos los días en vez de ponerme los clásicos ejercicios de suma, división, resta... Creo que con este ejmplo ya contesto a tu pregunta no? Jaja asíque obviamente, considero que sí que resulta bastante beneficioso utilizarlos en el ámbito educativo.