¿información ou coñecemento?

O pasado martes na clase expositiva falamos da diverxencia existente entre información e coñecemento. Saíron á escea a percepción da información como un conxunto de datos ou noticias que son expresadas a través dunha determinada linguaxe, ademais de ser necesario a súa organización e interpretación. Falouse tamén de que estar informados é unha necesidade vital, pero que toda esa información que se posee non é conñecemento. Polo tanto, que podemos entender por coñecemento? Referímonos a coñecemento como unha producción que deriva da información, pero dunha información que debe ser traballada, organizada e contrastada. Outra idea que xurdiu é a necesidade de actualización do coñecemento, definíndoo tamén como algo mutable e cambiante, afírmando así a idea dun coñecemento aberto. Con respecto a todo isto, cabe dicir que na nosa vida cotiá accedemos continuamente a unha gran cantidade de información. Considero necesario que, con toda esa información que recibimos ou nos mesmos buscamos, se cree unha rede de conexións o máis amplas posibles co obxectivo de favorecer a creación de coñecemento, un coñecemento aberto e accesible ao maior número de persoas. Para lograr tal difusión sería importante que o acceso á Internet se expandira por todos os territorios, xa que iso significaria un maior acceso das persoas á información, e polo tanto, unha maior posibilidade de xerar coñecemento dende novos puntos de vista, baseándose en novas experiencias. 

Comentarios

  • Iria Vilar San José

    Está claro que mellorar o acceso das persoas á información é o primeiro paso para romper con esa brecha. Sen embargo, incluso os que temos internet cando e onde queremos temos problemas para crear coñecemento.

    O analfabetismo dixital segue a ser un problema para moitos de nós e iso causanos problemas para dar o salto da información ao coñecemento.

    É preciso rachar a brecha e é preciso que entendamos o novo mundo no que vivimos.

  • david reboredo gutiérrez

    Estou dacordo contigo en que son evidentes as difcultades para xerar coñecemento. De feito, creo que por simple comodidade, prefrerimos obter soamente información, en vez de buscar de que xeito podemos tratar e indagar sobre ela. 

    No que respecta á brecha dixital coido que, como dis ti, é necesario romper con iso; pero de todos modos as empresas contribúen a manter esa diferenza, debido a que polos seus propios intereses económicos non lles interesa favorecer o acceso á Internet naqueles países cuxos recursos económicos son limitados.

  • Sara Sanmartín Méndez

    Estoy de acuerdo, deberían realizar más "campaña" en estos lugares para que formen parte deste mundo conectado a través de la red, ya que el conocimiento que nos pueden proporcionar puede ser de gran valor. Todos tenemos el derecho de poder acceder a los mismos recursos en la teoría, pero en la práctica no lo acabo de ver por completo.