A brecha dixital

Na sesión expositiva da semana anterior, do 10 de Marzo, e que tamén se falou na sesión de esta semana, tratamos o tema da brecha dixital, centrándonos en falar de avances e cambios producidos no mundo a raíz das novas tecnoloxías tanto a nivel social, cultural coma económico.

O concepto de brecha dixital non é unha palabra que seguramente escoitáramos con asiduidade, polo menos no meu caso, e que loxicamente carece para nos do verdadeiro significado que posúe. Anteriormente a esta chamada brecha dixital produciuse unha chamada brecha analóxica, dende a invención do teléfono, dando vantaxes e beneficios a aqueles que se fixeron con esta ferramenta para a comunicación, entón sucedía o feito que hoxe dicimos que se chamaba a un sitio, non a unha persoa, e se non se atopaba ninguén ao outro lado da liña esa información perdíase, xa que non se transmitía como era a súa finalidade.

A raíz do rápido desenvolvemento das telecomunicacións e do xurdimento de Internet e o seu acceso produciuse unha dixitalización da sociedade, facendo que esa brecha analóxica fora minguando en detrimento da brecha dixital, é dicir, a medida que a brecha analóxica ía desaparecendo a brecha dixital collía mais forza.

Unha definición de Serrano paréceme axeitada para ir tendo un concepto sobre a brecha dixital, pois di que é a “separación que existe entre las personas (comunidades, estados, países,...) que utilizan las nuevas tecnologías de la información como una parte rutinaria de su vida diaria y aquellas que no tienen acceso a las mismas y aunque las tengan no saben como utilizarlas” (Serrano, 2003).

Dende ese tempo a concepción de brecha dixital foi avanzando, sendo nun primeiro momento referido a problemas existentes coa conectividade, mentes que na actualidade xa se enfoca cara o desenvolvemento das capacidades e habilidades necesarias para a súa utilización, para o emprego dos recursos tecnolóxicos. Neste momento podería dicir que colle gran importancia o concepto de “alfabetización dixital”, que a Royal Society of Arts, no seu programa de alfabetización informática defínea como: "la acreditación de aquellas destrezas prácticas en tecnologías de la información necesarias para el trabajo, y sin dudas, para la vida diaria". (http://scielo.sld.cu/scielo.php?script=sci_arttext&pid=S1024-94352005000100004.

Entón, pode dicirse que o concepto de brecha dixital céntrase no emprego dos recursos e das posibilidades e limitacións que lles xorden ás persoas á hora de usar eses recursos na rede (como o teletraballo ou calquera outro servizo en liña), tendo así un carácter tecnolóxico e socioeconómico.

A redución desta brecha dixital está nos plans de gobernos e organizacións a nivel mundial tratando de atopar unha medida para conseguir dita redución, pero tamén se atopan entidades de gran tamaño como son as de telecomunicacións que son as grandes beneficiarias de dita brecha, polo que non ven con bos ollos dita acción de redución.

Facendo unha derradeira conclusión gustaríame dicir que a necesidade de reducir, e ata tratar de eliminar, a brecha dixital debe ser un punto clave e de importancia para gobernos e sociedade en xeral, mediante a colaboración mutua e conxunta para facer así unha tecnoloxía global e de todos, como a educación da mesma e dentro dela, para así poder empregar a tecnoloxía como un motor de desenvolvemento real.