Tecnoloxía e aprendizaxe de linguas estranxeiras

. Navegando un pouco pola Internet e co interese acerca de como favorecer a aprendizaxe, neste caso do inglés, coas novas tecnoloxías atopeime con este vídeo. Nel podemos observar como os nenos/as presentes, a través do uso da pizarra dixital poden observar imaxes en gran tamaño, favorecendo así o seu recordo ademais de facelas mais chamativas. Permite tamén que eles mesmos sexan capaces de, seguindo as instruccións da mestra, realizar os exercicios, favorecendo unha mellor visión das imaxes ca que se podería observar nun libro de texto. Por outra banda, coido que tamén fai máis dinámica e interactiva a clase ao favorecer o desplazamento dos alumnos pola aula.