• Blogs
  • Silvia
  • A piratería, ¿Un problema real ou un perigo para o negocio?

A piratería, ¿Un problema real ou un perigo para o negocio?

Logo no falado na expostiva de esta semana, quedeime coa mosca detrás da orella polo tema da piratería informática. Moito temos oído falar sobre este tema nas rúas, anuncios de televisión en contra destas prácticas etc pero realmente, polo menos no meu caso non sei moi ben que é exactamente e cando podes estar cometendo un acto ilegal.

Indagando máis neste fenómeno puiden comprobar que non existe unha definición legal propiamente dita da mesma, se non que foi definida por varios autores que chegaron a un consenso para definila como aquel acto que viole os dereitos de autor por calquer circunstancia.

A piratería afecta a todo tipo de contidos que podemos atopar na rede como produccións literarias, musicais, audiovisuais, programas informáticos e todo o que nos poidamos imaxinar.

No que aquí nos ocupa, que é a piratería informática podemos distinguir varios tipos, por exemplo o tipo de software (consiste na descarga ilegal ou no uso de un mesmo cd legal para instalar en varios ordenadores, entre outros) e por outra banda a piratería de música, vídeos, películas, series etc (consiste na descarga, copia ou venta de calquera dos productos mencionados anteriormente).

Logo de coñecer máis sobre este fenómeno, a miña opinión e que a loita contra a piratería vela máis polo ben do negocio que estes productos representan, antes que pola moralidade do feito de copiar algo. Cousas como descargar si que son susceptibles de ser penalizadas, pero o que non vexo xusto e que por empregar o mesmo cd legal para instalar en varios ordenadores, xa estes cometendo un acto de piratería. Coma en case todos os campos, por non dicir en todos, o poder do diñeiro imide, na miña opinión que todos poidamos acceder a todos os contidos, eliminando así a igualdade e aumentando a brecha dixital.

¿Que opinades vos?