Do caderno á mochila dixital

Booos días pola mañá! Como sempre, unha vez que encendín o ordenador paseeime un pouco por Facebook (maldita dependencia, parece tabaco!), e, despois de un par de días de seguir a páxina de Educación 3.0 na mesma rede social, atópome con que se pode convertir nun dos meus puntos de referencia, despois de Muy Interesante claro Wink

Hoxe publicaban unha entrada titulada ¿Cómo es la mochila digital del S.XIX? Características y beneficios. Vos sabedes como é? Porque eu non tiña nin idea, o que me leva a publicación desta entrada. Sabía, de oídas, que a mochila dixital é unha ferramenta que pretende facilitar a aprendizaxe dos nenos e nenas, e ao mesmo tempo, incluír todo o material de estudo nun entorno dixital como pode ser unha tablet. Ata aí eu tiña unha lixeira idea, pero despois de ler este artigo o concepto quedoume moito máis claro. Plantexan como obxectivos da mesma a mellora das destrezas dos estudantes no ámbito dixital, ligado ó aprendizaxe autónomo e o acceso a novos recursos educativos; así mesmo é interesante e motivadora, ademais de barata para os pais. 

image

Encher a mochila comeza cunha pregunta: ¿qué necesita o alumno? E con iso a labor empeza en empaparte de diferentes ferramentas, moitas veces gratuítas e máis duradeiras que os libros de texto, que poden axudar e complementar a aprendizaxe do alumno; chegando a substituír, se as escolas tradicionais o permitisen, os libros de texto. O artigo remítenos a algunhas delas: 

  • Caderno de Estudio como versión dixital dos libros de texto
  • Procomún como espazo de cadernos de traballo e exercicios
  • inClass como ferramenta de xestión do traballo e comunicación entre os alumnos
  • Proyecto Gutenberg como opción de descarga de libros gratuítos 

Gústame e sorpréndeme o Caderno de estudio, promovido pola aulaPlaneta. Facendo uso dos links do artigo, salto á páxina da aulaPlaneta; aínda que despois de ler o texto de Burbules e Callister este salto tan fácil dame que pensar como potencial usuaria crítica ou hiperlectora (aínda teño moi claro qué podería ser) se, ese salto tan sinxelo dunha páxina a outra esconde moito detrás. Pero, volvendo ó caderno, a aulaPlaneta posibilita propostas didácticas personalizables para o profesor, ao mesmo tempo que brinda aos alumnos de recursos para aprender con alegría

O profesor personaliza o caderno dunha maneira 100% dixital para adaptalo ás necesidades que o alumno teña. Cobre así mesmo a totalidade do currículo escolar, chegando a adaptarse os plans de estudos das comunidades autónomas. Este permite: consultar explicacións, subraiar textos, uso de emoticonos, realizar tarefas, desenvolver o traballo colaborativo ... entre outras. 

Despois de indagar polas páxinas web sobre estas cuestións, ei de dicir que estou totalmente dacordo con este tipo de iniciativas, xa que perminten unha aprendizaxe moito máis intuitiva e que resulta máis motivadora para o alumno, dando respois resultados máis positivos. Ademais o cambio de libros de texto convencionais cada pouco tempo e os desorbitados prezos dos mesmos, lévanme a querer cambiar con máis forza o sistema, usando as tecnoloxías como apoio ou como substitución total, nalgúns casos, dos libros de texto; xa que, como di miña madriña: ¿quen pode pagar 200€ polos cadernos de educación infantil para o seu fillo? Paréceme, aparte de excesivo, un roubo

Pero, por suposto, para isto necesitamos facer uso das nosas capacidades como pedagog@s e promover o uso responsable destes medios. Aprender si, pero con cabeza

Deixovos os links dos artigos para que xulguedes vos mesmos e se queredes contestar: ¿e vos? ¿estades dacordo con este tipo de iniciativas? 

http://www.educaciontrespuntocero.com/noticias/como-es-la-mochila-digital-del-siglo-xxi-caracteristicas-y-beneficios/24992.html

http://www.aulaplaneta.com/que-servicios-ofrece/cuaderno-de-estudio/cuaderno-de-estudio/

Comentarios