A aula.Planeta dá moito de si

Onte falábavos da mochila dixital e todo o que nela se pode incluír. Pois ben, seguín indagando e aqui vos deixo esta entrada sobre a labor de aula.Planeta e as súas perspectivas. Aínda así, o final do post inclúo o esquema da linguaxe dixital, ese que puxo xa unha compañeira (Ana Morala)  fai un pouco. Era inevitable que comezáramos a pisarnos en algún momento asique ... védelo repetido! Wink

Cando vos contei o que era a mochila dixital incluín tamén o Caderno de Estudio que esta promove como ferramenta educativa online, que deixa, ou pode deixar, a un lado os libros de texto.  Así que, seguindo co cotilleo, fun indagando pouco a pouco o que a aulaPlaneta leva a cabo no ámbito educativo e, sobre todo, tecnolóxico. Ensínovos o seu vídeo de presentación: 

(Intentei de tres mil maneiras o de incrustalo pero ou internet está en contra miña ou non sei que pasa Frown)

O ano pasado, despois de falar con moitos profesores españois, publicaron un documento no que se recollen as perspectivas de avance e mellora tecnolóxico nas escolas. Eles definen tres momentos de implantación:

  • 2015/2016 proxectores e redes wifi nas aulas
  • 2017/2018 pizarras electrónicas, impresoras e sistemas de producción audiovisual
  • 209/2020 impresoras 3D e robots

A min isto paréceme un pouco utópico, aínda que algunhas cousas como o uso de proxectores xa o temos conseguido parece.  Pero, impresoras 3D e robots? En cinco anos? En serio? Non sei se chegaremos a conseguilo tan rápido, porque a tecnoloxía avanza, pero despois de que avance débense ter os medios e o diñeiro para poder utilizala, cousas das que o sistema educativo español non carece, e cada día menos. Por outro lado, a tecnoloxía avanza, pero os fins educativos que se lle poidan dar tardarán máis aínda. A día de hoxe case todo o mundo ten un smartphone, pero, cantos de nos lle damos unha utilidade “educativa”? Utilizando por exemplo esas apps que nos axudan a organizarnos das que Ludmila falaba o outro día? Penso, e seguro que acerto, que a maioría non o facemos.

Estes profesores situaban tamén os tempos de chegada de plataformas dixitais as aulas:

  • 2015/2016 sistemas de publicación, fontes de recursos dixitais e sistemas colaborativos.
  • 2017/2018 libros de texto dixitais, plataformas de operacións didácticas e xogos educativos na rede
  • 209/2020 simuladores interactivos

Con isto, case un 70% dos profesores pensa que se xeralizará o uso de libros de texto dixitais nestes anos próximos, ao igual que os entornos dixitais de aprendizaxe. Pero, como xa dixen antes, vexo isto un pouco utópico. Moito temos que cambiar!

O documento no que se recollen esas perspectivas é o seguinte:  

http://www.aulaplaneta.com/wp-content/uploads/2015/03/Dossier_Perspectivas2015_100dpi2.pdf

Aparece aquí un termo que tampouco coñecía moito (¡que novidade!): linguaxe dixital. Isto son as linguaxes que permiten aos alumnos aprender de distintas maneiras, e aos profesores, personalizar a ensinanza. Permite abrir portas ao coñecemento e multiplicar as posibilidades de aprendizaxe, incluíndo a linguaxe hipertextual, interactivo audiovisial, sonoro, social ou de programación.  Proporciona así beneficios para o alumnado, véndoos no seguinte esquema:

image

 

A Tecnoloxía Educativa estame incitando a investigar sobre moitas opcións e iniciativas das que non tiña nin idea, levándome ao mesmo tempo a reflexionar cómo pode ser posible que teñamos tantas ferramentas útiles ao noso redor e que non coñezamos nin a metade. Eu en concreto, como xa dixen nalgunha ocasión, estou a favor do uso das tecnoloxías, apps, xogos, actividades interactivas … que poden axudar á motivación e aprendizaxe do alumnado. Pero tamén penso que como pedagoga, se non chego a descubrir (e recordar nun futuro) todas estas iniciativas, que ía ser de min unha vez que me incorporase ó mundo profesional? Pois que, seguramente,  continuariamos co sistema tradicional que non damos cambiado.

Espero que esta información vos axude, e, ¿considerades cribles estas perspectivas de evolución e cambio que presenta a aulaPlaneta?

 

Comentarios

  • Ana Morala Escobar

    Carla!! Qué bueno que buscaramos información sobre el mismo tema, creo que ahora tendremos una visión bastante más completa del asunto y más fuentes que consultar! Yo tampoco veo muy posible que dentro de 5 años las ecuelas cuenten con impresoras 3D, robots, etc. no por el desarrollo y avance de la  tecnología (Que sucede a un ritmo vertiginoso), sino por nuestra capacidad de adaptación a tal avance, nuestra incapacidad (O más bien, de los de arriba) de saber adecuar la educación al contexto que le corresponde y darle la importancia o papel prioritario que se merece; De todos modos, espero equivocarme y que podamos ver (Y vivir como profesionales) muchos de estos cambios e innovaciones!

    Pd. Esas menciones <3