Achegando a tecnoloxías aos mais cativos, nas aulas.

Xunto coa estancia de prácticas nos centros asignados, no meu caso nunha escola infantil, tocaba elaborar un Proxecto de Intervención Educativa para este ámbito.

Vin necesario introducir as novas tecnoloxías neste proxecto, pois é un aspecto imprescindible a ter en conta nas aulas de hoxe en día.

O proxecto estará destinado a nenos e nenas de 2 a 3 anos. Isto fai necesario atopar un xeito atractivo de achegar a tecnoloxía a estes cativos, que os motive.

Unha compañeira da facultade de Ciencias da Educación do Campus Norte, estudande do Grao de Educación Infantil, faloume dun software que están a empregar nas aulas.

Como poderíades observar, subiron diferentes archivos sobre os códigos QR. Isto foi o que decidín implementar no meu proxecto despois de que me explicara o seu funcionamento.

A través da páxina www.unitaglive.es poderedes crear os vosos propios códigos QR. 

Un código QR permítenos almacenar información nun sistema parecido a un código de barras, que podemos recuperar a través dun programa ou lector de QR de xeito instantáneo.

É dicir, posibilítannos obter, inmediatamente, mais información sobre unha imaxe que estamos a ver, un producto que mercamos, etc.  Esta información que obtemos está elixida, anteriormente polo creador dos códigos.

No meu caso, traballamos, entre outras cousas con sons animais. Acompañando ás fotografías de ditos animais, elaborei un código para cada son que emiten os mesmos. Isto fai que á vez que os nenos ven a imaxe do animal, poidan escoitar o seu son.

O proceso de elaboración é moi sinxelo. Entrades na páxina de Unitag e debedes rexistrarvos, pero de xeito totalmente gratutito, rápido e sinxelo. Tan so poñendo a vosa dirección de correo electrónico e establecendo a contraseña que gustedes.

Unha vez dentro, a páxina está en inglés, pero non é dificil de manexar.

Clicades en "Create new QR Code" e vinculades o voso código ao vídeo, imaxe, son, etc. que queirades. Este arquivo que queirades vincular debe estar subido á rede ( a Youtube, Facebook, Twitter...). Escribides a dirección URL que se corresponde ao voso arquivo e listo.

Despois poderedes modificar a apariencia e deseño do voso código. Procurade non empregar unha abundancia de cor, porque pode facer que o código non se lea.

Gardades o voso proxecto e, sempre, revisade que o código funcione.

Para isto precisaredes un lector de QR. A maioría dos smartphone xa traen unha aplicación, pero no caso de que non a traiga, existen múltiples aplicación para descargar. No meu caso emprego a de BIDI.

E xa está listo o voso código QR para empregar  onde queirades.