A CiberCaixa hospitalaria

O pasado mes de decembro, por uns motivos ou por outros, atopeime visitando o Hospital Materno Infantil Teresa Herrera da Coruña. Nel, a planta de pediatría está especialmente deseñada para que os nenos pasen por eses tramos desagradables da súa vida da mellor maneira posible. E aquí e onde entra e contribúe a Obra Social La Caixa. A súa páxina web é a seguinte:

http://obrasocial.lacaixa.es/

A Obra Social dona ao hospital unha Ciberaula na que os rapaces poden facer xogos e actividades didácticas, tanto nos ordenadores, como en talleres organizados polos traballadores e voluntarios do hospital e Cruz Roja. Na aula contan con material informático, audiovisual, literatura infantil e xuvenil e diversos xogos. Ademais incorporaron un carro (podedes velo na imaxe) que permite levar algo desta diversión da man da tecnoloxía aos nenos e nenas que permanecen illados nas súas habitacións.

image

Inclúo esta iniciativa aquí para que a poidades ver, xa que penso que é realmente interesante. Vexo que na maioría de post estámonos centrando nas escolas tradicionais ou os recursos para elas, moitas veces sen querelo. Por isto, nunha área de traballo perfectamente pedagóxica, o papel que fai eduCaixa é maravilloso, acercando eses recursos tecnolóxicos que reclamamos para a mellor aprendizaxe e motivación dos alumnos, a todas as persoas que o merecen, non só ó sistema educativo convencional.

Isto lévame a falarvos de eduCaixa: un mundo de actividades educativas; que, dentro da iniciativa social da caixa, se encarga e está ligada estreitamente ó mundo educativo. No seu portal podes atopar tanto recursos online como actividades presenciais e proxectos centrados na ciencia, cultura e temas sociais. Ademais no seu blog procuran ir contando novidades sobre a educación e as TIC ou a innovación pedagóxica.  Seguindo coa miña filosofía do cotilleo, aí vos deixo a páxina:

 http://www.educaixa.com/es/

Comentarios

  • Ana Morala Escobar

    Qué bueno Carla! Conocía alguna de las acciones socioeducativas de la Cruz Roja en los contextos hospitalarios (Por temas de voluntariado y el trabajo intermaterias del primer cuatri), pero no tenía ni idea de la labor de EduCaixa! Casi parece increíble pensar que en estos momentos, un banco haga algo bueno por la gente ¿Verdad? Me alegra muchísimo ver que es así y que no sólo están ayudando a los pacientes que pueden acudir al aula, si no que se lo facilitan a todos y cada uno de ellos; Hace poco hablabamos de equidad, igualdad de oportunidades e inclusión, y este me parece un genial ejemplo de ello.

    Mil gracias por compartir la página, seguro que a partir de ahora la seguiré! Smile

  • Cristina López

    Qué buena y bonita entrada Carla! La Obra Social La Caixa también contribuye en el ámbito de personas mayores, impulsando programas con ejercicios y actividades propias para ellos, y debido a que realicé el Practicum I en un centro de día, en este campo sí conocía la labor de La Caixa. Sin embargo, de contextos hospitalarios lo desconocía y me ha encantado. Gracias por compartirlo con nosotros, comenzaré a seguirla y estar pendiente de novedades Smile

  • Silvia

    Paréceme moi interesante esta entrada xa que eu estou traballando en unha moi similar que subirei eu uns días sobre un artigo que atopei pola rede.

    Esta clase de iniciativas parécenme moi productivas para estes colectivos xa que no contexto no que se atopan é moi importante a relación que poidan ter con outros ámbitos axenos ó hospital, por iso a rede é un recurso escepcional.

    Espero que cando suba  aentrada co artigo sobre o que estou traballando lle botes un ollo xa que e che chamou a atención esta iniciativa pode ser do teu interese.

    Un saúdo Smile

  • Carla Vázquez Formoso

    Gracias chicas! A verdade é que a aula do hospital Teresa Herrera está xenial, bueno, a planta de pediatría en xeral. E Silvia, cando o colgues pasareime a ver que perpectiva das ti sobre o tema! Smile