"La Internet que no ves"

O título pertence a un dos artigos da revista Quo. Navegando pola rede e revisando os meus marcadores, entre os cales se atopan esta revista e a Muy Interesante, accedín a ler que todas as páxinas webs ás que nós acudimos a diario, toda a información que consideramos inmensa, tan so é equivalente aos 5% do que existe na Internet.

Ao ler este dato tan claro non puiden sair do meu asombro e, con curiosidade, lin os parágrafos seguintes.

E si, apareceu unha nova palabra da que nunca oira falar, nin tampouco a recoñecín escrita: deepweb.

Como o definen en Quo, a deepweb é todo o "submundo" que se forma pola acumulación de toda a información que os nosos buscadores non poden indexar.

Así que, ademais de aprender un concepto tecnolóxico novo, quedei coa intriga de saber a onde vai a parar ese 95% da información restante. Quen ten acceso a ela? E para que a emprega? Estarán os meus datos persoais das redes sociais? Que se fai con esa cantidade de datos?

Asemade, dásenos unha das redes que se poden empregar para ter acceso, denominada TOR, unha rede de encriptación que nos oferta unha navegación case 100% anónima.

E os interrogantes medran. Deixovos o enlace para que poidades botarlle un ollo.

E a vos, que vos parece esa porcentaxe real de tan so o 5%?

http://www.quo.es/tecnologia/la-internet-que-no-ves