Traballando con QR

QR

Olalla Ríos Troitiño e eu elaboramos esta actividade para poder exemplificar o uso dos códigos QR. A temática que escollemos non está relacionada coa unidade didáctica que temos como traballo, pero eleximos outro tema que consideramos que daría moito xogo nos máis pequenos: a hixiene.

A actividade consistiría en introducir a temática da hixiene mediante cancións. Estas cancións sairían de diferentes códigos que están situados en zonas concretas na figura dun neno. Así por exemplo, o código QR que se atopa na boca estaría vinculado a unha canción sobre lavarse os dentes, o das mans estaría relacionado cunha canción dos famosos Lunnis para lavar as mans, etc.

Poderíamos introducir esta actividade como unha rutinaria, xa que os hábitos deben ser adquiridos desde moi pequenos. As cancións poderíanse ir variando así como algunhas partes do corpo.

O obxectivo desta actividade sería fundamentalmente que aprendan os hábitos básicos de hixiene e cremos que qué mellor que ensinarllos a través de cancións. Ademais, introduciríamos aos nenos no mundo da tecnoloxía, ensinándolles cómo mediante simples códigos podemos acceder a algo que lles gusta.