Desconectar para conectar

Estamos perdendo o contacto cos demais a causa da tecnoloxía?
Estamos nunha época na que non é raro ver as persoas encerradas nos seus móbiles, tablets, etc. A conta das tecnoloxías illámonos do mundo e non vemos as cousas que pasan o noso arredor. En moitas ocasións prestámoslle máis atención os nosos aparellos electrónicos que as persoas que están ó noso lado. Non é raro ver xente que en moitas ocasións en vez de disfrutar do momento se dedica a subir fotos, estados e demais, as redes sociais. Entón pregúntome eu, que é máis importante? O que fas ou publicalo?
Na miña opinión considero as tecnoloxías un medio para poder comunicarnos con xente que non podemos ter o noso lado ou comunicarnos de outra maneira pero tamén hai que coidar que esa mesma tecnoloxía non nos separe das persoas coas que si podemos ter contacto físico, porque unha relación virtual nunca é o mesmo que unha relación cara a cara.
Tamén opino hai que desconectar para conectar porque mentres nós nos encerramos na tecnoloxía o mundo segue xirando e a vida cambiando e ó mellor perdémonos momentos e oportunidades por encerrarnos no noso particular “mundo virtual” e as cousas só suceden unha vez.
Déixovos aquí este vídeo para que tamén vos reflexionedes sobre o tema.

Comentarios

  • Sara Sanmartín Méndez

    Estou totalmente de acordo contigo compañeira!! solo con salir a la calle ya se palpa, la gente hoy en día va pendiente de sus teléfonos móviles, cascos de música, etc. Da igual como sea, a pie, en coche (muchos de ell@s conduciendo), en los trasportes públicos, en los bares, en las calles, en las clases, etc. Vayas a donde vayas habrá alguien "conectado". Yo, como tu bien sabes, soy de las que todavía prefiero la relación cara a cara, aunque no niego que gracias a las nuevas tecnologías me siento más cerca de personas que tengo lejos y que extraño. Me ha gustado mucho el video!! Wink

  • Raquel Vázquez

    si, no meu caso tamén emprego moito a tecnoloxía para comunicarme con miña irmán que teño a 800 km de distancia pero sei que cando a teño aquí debo desconectar para conectar con ela, porque non hai nada mellor que o contacto, o cara a cara.  Así que desconectemos compañeira!!! Laughing

  • Ludmila Rajoy

    ¡Cuánta razón, Raquel! Es cierto que muchas veces perdemos más tiempo en buscar la foto perfecta que en disfrutar del momento y de quienes están ahí para compartirlo. Y o sea, yo misma peco demasiadas veces en ser abducida por mi móvil estando en medio de conversaciones con personas de carne y hueso... Es genial el vídeo; lamentablemente, muestra la realidad de todos y cada uno de nosotros Cry

  • Silvia

    Encantoume o vídeo, creo que reflexa claramente o feito de que as novas tecnoloxías non son simpes ferramentas neutras, e que estan mudando a nosa maneira de relacionarnos e comunicarnos cos demáis

    Moi interesante, Un saúdo Laughing

  • Carla Vázquez Formoso

    Lamentablemente a realidade hoxe en día é como vos dicides: estamos consumidos polos móbiles. O problema, o meu ver, é que todos o dicimos, pero non facemos nada para remedialo. Aínda que é un pouco difícil, que imos facer nos contra Apple (por exemplo) que nos bombardea por todos lados? Penso que o caso é non deixar que nos consuma máis aínda, e decatarnos que cando estamos nunha terraza con amigos o móbil pode quedar no bolso la mar de ben Undecided

  • Maria Formoso Silva

    Eu sinceramente xa non sei que pensar sobre isto. Comparto a vosa opinión, pero non totalmente. Á pregunta sobre si estamos perdendo o contacto cos demais a causa da tecnoloxía eu creo que non. En realidade estamos todo o día conectados mantendo contacto cos demais constantemente, aínda que sexa “virtualmente”. ¿qué iso nos fai perdernos tamén perdernos moitas cousas importantes? Está claro, non vou a dicir que non. De feito na miña carta reflexionei sobre iso e lancei unha pregunta ao aire: que vos importa máis? Un abrazo dunha amiga ou saber o qué está pensando ese contacto de Twitter ao que nunca lle vistes a cara? Obviamente, prefiro o primeiro.

    Con respecto ao que di Carla, que todos o dicimos pero non facemos nada para remedialo, non sei, non o vexo tan así. Eu por moito que queira manterme ao marxe, tanto de whatsapp, redes sociais, etc. é imposible. Estamos rodeados de tecnoloxía, de feito creo que somos esclavos da mesma. Por moito que queira desconectar, non o consigo. Oxalá chegue o día que sorriamos cando non teñamos batería no móbil. Pero algunha de vos é capaz de saír da casa sen o seu móbil? Porque sinceramente eu non.

    A cuestión é se somos capaces de lograr ter o control sobre a tecnoloxía, ou se polo contrario, seguimos permitindo que esta nos domine.

  • david reboredo gutiérrez

    Moi interesante o vídeo xa que creo que mostra realmente o que sucede hoxe en día, onde preferimos estar conectados continuamente á Internet co noso teléfono móvil en vez de aprobeitar momentos oportunos para establecer conversacións coa xente que temos ao redor. É certo que coa xente que non temos ao noso carón, sen as novas tecnoloxías non poderiamos estar continuamente conectados, pero creo que no noso día a día temos máis tarefas que realizar que simplemente estar continuamente "fedellando" nos teléfonos móviles. Decir que, de xeito inconsciente, moitas veces me poño co teléfono e parece que me olvio de todo o que me rodea, polo que en certo modo debería ter un mellor uso das novas tecnoloxías e ser eu quen as use, sen que elas me usen a min. 

  • Silvia

    por desgracia o vídeo plasma perfectamente a realidade.

    Estiven buscando pola rede un vídeo que vira fai tempo sobre un aciano falándonos ás novas xeracións das novas tecnoloxías e pedíndonos que apartáramos a vista da pantalla para non perder os detalles do que nos rodea. Por desgracia non o atopei pero o teu tamén o reflexa á perfección =)

  • Raquel Vázquez

    Pois si, é unha triste relidade que nos rodea, e considero que ninguén se libra dela. Porque en maior ou menor medida todos estamos pendentes do móbil e outros aparelles continuamente e como ben dí María, non somos capaces de saír da case sen el. E en moitas ocasións sería mellor deixalo gardado e disfrutar do momento sen pensar nas tecnoloxías que nos controlan e nos teñen absorvidos. Pero de todos xeitos as tecnoloxías tamén nos dan outras oportunidades. O problema baixo o meu punto de vista é o uso, abusivo en moitos casos, que facemos dela, porque como todo a tecnoloxía é boa na súa xusta medida.