RSS e educación

Traballamos onte na sesión intereactiva acerca do que significaban os RSS. Era un tema que descoñecía e do que nunca escoitará falar, pero pareceume interesante no senso de que nos permite obter información dunha páxina que nos interesa ao instante en que dita información se actualiza. A continuación tamén traballamos sobre a lectura dunha entrada nun blog na que se nos falaba de toda a cantidade de ferramentas ou aplicacións útiles para realizar determinadas accións. Como nos dixo a mestra, unha parte das palabras non eran coñecidas debido aos termos relacionados coa tecnoloxía que aparecían. A sesión interactiva de onte serviume para coñecer de que xeito podemos estar permanentemente conectados a unha determinada páxina de interese, sen ter que entrar continuamente en dita páxina. Coa aplicación Symballoo puidemos crear e colocar as nosas páxinas de interese a un so "clic", o que sen duda fai un chisco máis sinxelo o momento de navegar pola rede.

Comentarios

  • Silvia

    A min tamén me sorprendeu cando o vimos na clase xa que eu tamén descoñecía ese tema por completo, e resulta unha ferramenta moi útil como ti dis para por exemple estar pendente das becas ! Sen duda xunto cos novos buscadores estansenos abrindo unha chea de ventás para entender e empregar mellor as novas tecnoloxías, sobre todo no ámbito académico.

    Moi bo resumo ! Un saúdoCool