Educación e tecnoloxía

Navegando por internet atopeime cun vídeo que suscitou o meu interese. Neste vídeo Sebastian Szocs ,nas conferencias TED , comparte as súas ideas de como as novas tecnoloxías da información están cambiando a realidades das aulas. Aquí vos deixo o enlace

.

Sebastian Szocs fálanos de como as novas tecnoloxías están chegando as aulas dunha maneira case inevitable, xa que estas rodéannos nas nosa vida cotiá e apartalas das aulas sería un gran erro, xa que como educadores debería promoverse facer un bo uso destas, ideas que tamén se defenden noutro vídeo que atopei

. Neste outro vídeo varios expertos dan a súa opinión sobre a implantación destas novas tecnoloxías nas aulas.

A raíz do visionado do vídeo, e de ver como estas novas tecnoloxías avanzan cada vez máis rápido no tempo, creáronseme varias dúbidas sobre a capacitación dos mestres e mestras á hora de implantar estas novas tecnoloxías nas aulas.

Durante a meu paso polo sistema educativo, sen contar a universidade, ningún dos meus mestres e mestras utilizaron estas novas tecnoloxías á hora de transmitir os coñecementos, en xeral era como un mundo a parte, nas aulas seguíanse os métodos tradicionais de ensinar mediante os libros, as novas tecnoloxías eran apartadas das aulas.

Polo que despois do visionado dos vídeos e pola miña propia experiencia plantexanseme varias dúbidas. ¿Son necesarias ou non as novas tecnoloxías nas aulas?¿Están os mestres e mestras preparados para implantar estas novas tecnoloxías na aula?¿Son estas novas tecnoloxías demonizadas por algúns mestres e mestras? Ou como xa nos vemos rodeados por elas na vida cotiá ¿non se lle da importancia á hora de aplicalas nas aulas?

Comentarios

  • Raquel Vázquez

    Ola Judith, na miña opinión si son necesarias as novas tecnoloxías nas aulas como apoio ó aprendizaxe, pero sempre controlando o uso que os alumnos fan delas, porque en moitos casos empreganas para todo menos para temas relacionados coa educación. Esto é algo que deberían controlar os mestres porque senón as tecnoloxías serán contraproducentes na aula xa que, os alumnos se disiparan e non prestarán ningunha atención ó que eles lles digan. 

    Tamén considero que os mestres deben prepararse para poder implantar as novas tecnoloxías con maior eficacia e poder aprenderlle ós alumnos a facer un uso responsable delas e tamén ensinarlles diferentes aspectos de Internet e a información que alí atopamos. Porque no meu caso nunca contei cun ordenador na aula pero tampouco me ensinaron a pensar criticamente e reflexionar sobre toda a información que internet nos podemos atopar. A escola e os mestres deben de prepararnos para o futuro no que a tecnoloxía estará cada vez máis presente.

  • Belén Quintana Río

    Es un tema bastante polémico este de las nuevas tecnologías en el aula, pero como ya he dicho en muchos de mis blogs y apoyando la idea de Raquel, creo que son un buen recurso de apoyo y que facilitan el desarrollo de las sesiones en el aula.
    Considero que no hay que ser extremistas, que los extremos no son buenos, así que no creo que hay que escoger entre una didáctica tradicional u otra completamente tecnológica, sino que es necesario que ambas vayan a la par y se complementen.
    Como bien decía Raquel es necesario formar a los docentes en habilidades y conocimientos tecnológicos, porque lo queramos o no, todos estos recursos forman parte de nuestro día a día y por lo tanto es imprescindible que recibamos una educación igual de buena que la recibimos respecto a las "grandes asignaturas" como matemáticas y lengua.
    Buen tema de debate Judith! :)