Pasamos de inculta a torpe

Boas tardes chic@s! A semana pasada contábavos nunha entrada De como ser unha desgraciada en materia de busca na web, pois hoxe pásome a seguir sendo unha desgraciada pero ordeando a información que me rodea. 

Comezamos a clase interactiva de onte indagando na rede o que son os RSS. Ata ahí estupendo, quedoume claro que é unha ferramenta que che axuda a facer un seguimento das páxinas que che interesan, sempre e cando teñan o símbolo do RSS. O meu problema é que aí estanqueime, e seguidamente a profesora empezounos a bombardear con distintos buscadores, marcadores ou agregadores, asi que a miña neurona sobrecargouse e aí me quedei un pouco colgada. Tanto que non sei realmente  como os RSS che "avisan" das novidades, é unha APP, un programa, chéganche as notificacións ao correo? Se alguén o sabe agradeceríalle que mo explicase! 

Por outro lado, seguindo o artigo de Gestionando el caos a través de mi PLE, apareceron mil termos, páxinas, programas e aplicacións que che poden axudar a xestionar a información. Que pasa? Que coa sobrecarga de información que tiña eu nese momento, non sabía nin por onde comezar a desmenuzala para poder entendela; polo que moito menos meterme a cotillear todas esas páxinas! Nas que o inglés predomina, que si, que somos listísimos e o entendemos, pero jolines, se me costa entendelo e intentar usar algunha en español, eninglés xa nin che digo!  

Tal e como di o artigo, eu estaba sumida nun completo caos. Se na interactiva anterior me sentín pequena ante tantos novos coñecementos, agora estou tan perdida como unha agulla nun palleiro. Pero hoxe, cunha mínima motivación, obrigueime a min mesma a seguir investigando un pouco neste mar de conceptos, chegando a quedarme con dúas páxinas básicas: Flipboard e Symbaloo, xa que son os que lle vexo algunhas das interfaces máis intuitivas e sabendo que me poderían servir de axuda para a miña organización. O seguinte paso será Delicious ou Digoo, prométoo. 

Atopei en Youtube dous vídeos que explican o funcionamento de ambos, e como aínda non sei incrustar videos (eso ou internet sígueme odiando) aqui vos deixo os enlaces: 

Tamén temos entre mans o concepto de PLE, Personal Learning Environment. Isto, se cheguei ben á conclusión, ven sendo un cadro resumo de cómo xestionamos a nosa vida na rede non? Dende a busca de información, pasando polo seu tratamento e acabando na súa publicación e compartila co resto de persoas. Isto axúdalle a ver ás persoas as competencias das que estamos dotados na vida na rede, as competencias que nos permiten tamizar (como a fariña) os contidos que nos atopamos. Imáxinadevos que na seguinte imaxe o que pasa polo coador fose información e non fariña; iso é o que temos que aprender a facer. 

image

 

Non sei se algún de vos está tan perdido coma min, pero eu agora vou intentar unirme ós usuarios de Flipboard e Symbaloo, xa vos direi que tal sae o experimento! 

Xa facendo costume, e vos? Usábades algunha destas ferramentas? Se é que si entendo que a clase vos foi como a seda, pero se é que non, estabades tan perdidos coma min? 

En canto ao PLE, considerádelo útil? 

Non tendes que respostar a todas claro Wink

Comentarios

  • Ludmila Rajoy

    Aunque yo también soy bastante inútil después de cada clase, no me preocupa el no conocer la mitad de las aplicaciones. ¿Que por qué? Creo que me preocuparía más el conocerlas todas, ¿no? Significaría que me importa más tener todos los marcadores del mundo para tener organizada mi página de inicio que intentar aprender muchas otras cosas.

    A ver, una cosa es no saber utilizar el búscador de Google, no sabes vaciar la Papelera de reciclaje o no saber encender el ordenador... Eso sí que sería como empezar de cero. Pero estamos estudiando para conocer, para aprender nuevos aspectos que hasta ahora desconocíamos. No te sientas tan mal por no saber porque nadie nace sabiendo. Y como ya nos hemos dado cuenta, la información es inmeeeeeensa, y nuestro conocimiento algún día también lo será. Ánimo, que todo se puede!