eLearning Papers

Sorprendentemente sigo emocionándome cada vez que atopo unha iniciativa molona na rede. Esta, eLearning Papers está promocionada pola Comisión Europea e trátase dunha revista aberta en liña sobre educación que promove a investigación e prácticas novidosas en materia de educación, innovación e tecnoloxía. Os artigos cos que conta, podedes velos online en PDF, van dando puntos de vista novidosos sobre a situación actual e as tendencias educativas en distintas comunidades, fomentando así mesmo o uso das novas tecnoloxías na educación

image

Todos os artigos teñen un resumen en varios idiomas, incluíndo o español, pero lamentablemente os textos íntegros están escritos en inglés (que raro!). Comecei, aínda así, a cotillear polos números publicados a ver se algo me chamaba a atención, e destaco concretamente dous artigos: 

  • Ciberseguridad y educación
  • Aulas creativas y profesores del S.XIX 

Podedes consultar a revista no seguinte enlace: 

http://www.elearningpapers.eu/

Volvendo ós artigos, fálannos sobre cómo as tecnoloxías se están volvendo cada día máis un obxecto cotiá nas nosas escolas e na nosa vida en xeral. Comézase a pensar que os alumnos deben estar formados para a sociedade do coñecemento, polo que o uso das TIC debe estar inmerso nas escolas, aínda que iso significa dar un cambio de 180º nas escolas, cambiando o enfoque de aprendizaxe. O problema e que a maioría dos nosos docentes non están preparados para iso, polo que debe recibir ó mesmo tempo unha formación que os axude a seguir o ritmo dos estudiantes e o uso das tecnoloxías na aula. Necesitamos, tal e como di o artigo, cambiar a visión pedagóxica para garantizar un mellor aproveitamento das TIC, ao mesmo tempo que fomentar a creatividade e motivación do alumnado. 

Por outro lado, móstrannos tamén un lado oscuro que non estamos moi acostumados a pensar. Cómo protexemos ós alumnos dos perigos de internet? Somos realmente conscientes deles? Son preguntas a tratar no artigo, acudindo á necesaria formación e alfabetización dixital de cada vez máis mozos e mozas que utilizan a internet, tanto dentro como fora das aulas. Aínda que, tal e como eles din, se a tecnoloxía nas aulas é de desenvolvemento relativamente recente, o da seguridade ... é un tema totalmente novo e inexplorado. 

Podedes ver ambos artigos nos seguintes enlaces: 

http://openeducationeuropa.eu/sites/default/files/old/Abstracts_ES_3.pdf

http://openeducationeuropa.eu/sites/default/files/old/Abstracts_ES_1.pdf

Tocan estas publicacións un tema interesante e do que eu, persoalmente, non falara ata agora: a formación do profesorado. Que pasa con todos eses profesores e profesoras que deixaron fai anos a universidade cando as tecnoloxías non se divisaban por ningures? Non quero dicir isto cunha connotación negativa; senón dicir, que todos necesitamos estar en constante formación, pero que en moitos casos, a formación ao redor da tecnoloxía na profesión do profesorado é inexistente. 

Tamén este lado oscuro do que fala o segundo artigo é un tema do que non falei nas miñas publicacións no blog. Todos estamos constantemente bombardeándonos uns os outros con entradas, artigos, páxinas ... sobre os beneficios e o maravilloso que son o uso das TIC na aula. Admito que sempre matizamos o feito de dar a formación necesaria para entrar neste mundillo con cabeciña e previr problemas. Pero nunca nos enfrontamos á realidad: que pasa cos perigos da rede? ciberacoso? abuso sexual? Todo iso está moi presente no noso día a día. Aínda así moitas veces penso que somos demasiado inxénuos en canto a estes problemas; tardamos moitísimo tempo en facerlle frente o abuso escolar producido día a día e cara a cara. Canto tempo tardaremos en facerlle frente a isto? Eu creo que moito. 

Despois de ler a información sobre o tema dada no artigo, destaco ao igual que eles, o Programa Europeo Safer Internet, adicado á sensibilizar á poboación, loitar contra contidos ilegais ou crear unha base de datos de información. Fíxose, igualmente, unha rede de centros Safer Internet, que ten presenza en moitos países europeos, promovendo a seguridade na internet.  

Por iso o enfoque educativo debe cambiar fundamentalmente en dous aspectos: 

  • A necesaria inclusión do uso das novas tecnoloxías na aula 
  • A necesaria formación e sensibilización de alumnos e docentes dos riscos da rede 
 
E vos, pensades que os docentes están o suficientemente formados? Credes que se lle fai frente aos perigos na rede? Undecided