Outra rede social (un pouco distinta)

Vou recoñecer que son un pouco troleira cando nego que empregue as redes sociais (ademáis de ésta, claro).

O certo é que cando estaba a facer o ciclo de Educación Infantil enviáronme unha invitación a LinkedIn. Eu non sabía de que ía a cousa e púxenme a explorar un pouco. Esta rede ten a peculiaridade de que se centra no ámbito profesional. É dicir, é moi útil para a procura de emprego ou, cando menos, para facer contactos con vistas a iso.

Sen embargo, o que máis me atrae de LinkedIn son os grupos. Hai miles de grupos, cada un coa súa temática. Eu estou nun de Educación Infantil e dous de Pedagoxía. Neses grupos a xente publica artigos de interese sobre a materia sobre os que todos os usuarios poden opinar, así que LinkedIn tamén funciona coma unha fonte de información sobre as materias que a cada un lle interesen.

Para quen non coñeza esta rede, deixo unha pequena infografía que explica o máis básico.

LinkedIn

 

Comentarios

  • Carla Vázquez Formoso

    A saber en que máis cousas nos mintes Iria! A verdade é que eu coñecía LinkedIn pero nunca cheguei a facer unha conta, está na miña lista de tarefas pendentes. Tampouco sabía que había grupos de pedagoxía ou educación infantil nos que podías atopar artigos sobre a materia e comentalos. Isto fai que suba uns postos na miña lista de pendentes, gracias por compartilo! Wink

  • Isabel Gulías Sieiro

    Al igual que Carla, yo tampoco tenía ni idea de que esta página diese la posiblidad de unirse a grupos y ser una fuente de información para profesionales. Hasta el momento no pensé en el idea de crearme un perfil en esta red social, quizá porque aun vea mi futuro profesional un tanto lejano, pero siempre está bien saber qué es lo que tenemos a nuestro alcance y  cuales son los usos que le podemos dar ! 

  • Rocío Rodríguez Estévez

    La sobrecarga de redes sociales que tengo en la cabeza ahora mismo es importante, sin embargo, me parece que esta en especial puede convertirse en una herramienta útil, ya que en un futuro proximo necesitaré mantenerme actualizada sobre el campo de la educación. Gracias Iria

  • Belén Quintana Río

    Nunca había oído hablar de esta red social, y la verdad es que me parece muy interesante. Después de leerme tu entrada considero seriamente abrirme una cuenta y que pase a formar parte de mis marcadores/favoritos. Creo que es la primera red social que verdaderamente nos podría ayudar a nivel profesional y que, al contrario que las otras, deja de lado el mundo del "cotilleo".

    Una entrada muy interesante Iria!

  • Rosa Rey García

     Gústame moito a nova perspectiva que ofrece LINKEDIN como rede social. A verdade e que eu si que teño conta nesta rede social, sen embargo  debido o uso reducido que fago dela non coñecía a existencia de grupos onde se compartira información valiosa de determinada temática. Quería apuntar que esta realidade non esta presente só en esta plataforma xa que en Facebook, aínda que ten uns obxectivos bastante diferentes, tamén existen estes grupos que proporcionan un gran número de información. Así que anímote a que te fagas unha conta en Facebook tamén Iria!!