Equidade e calidade educativa

http://www.crtvg.es/informativos/mais-da-metade-das-ccaa-tenen-puntuacions-moi-baixas-en-equidade-educativa-segundo-save-the-children-1055189

Esta é unha noticia que tiven ocasión de ver hoxe no telexornal e, aínda que non ten nada que ver coa tecnoloxía educativa, chamoume a atención polo que realmente nos informa; a equidade e calidade educativas en boa parte das CCAA é moi baixo, sendo so óptimo no País Vasco. Datos que nos confirman como as medidas adoptadas nestes anos como solución ao actual momento de recesión económica, prexudicaron gravemente á sociedade, favorecendo o enriquecemento duns a costa de outros.

Comentarios

  • Judith Viqueira Díaz

    Un tema que me parece moi interesante, pero na miña opinión penso que tamen deberíamos valorar como se tratou a educación en España todos estes anos. Refirome as constantes reformas e lei educativas, que sinceramente e en moitos casospara min non teñen sentido. Penso que é moi fácil botarlle a culpa a crise, e dicir que se tivo que recortar en todo o posible para poder saír adiante. Pero na miña opinión deberíamos botar a vista atrás e preguntarnos se realmente é algo que xurdiu puntualmente ou é un problema que levamos carrexando anos e anos.

  • Carla Vázquez Formoso

    Creo que xa todos sabiamos que calidade e equidade non funcionaban como é debido na nosa comunidade dende fai un tempo ... Estou dacordo con Judith en que non todo é a crise, é dicir, hai aspectos que carrexamos dende hai anos, como o feito de que cada goberno que chegue implante unha nova lei educativa; cousa que non favorece para nada ó sistema na mila opinión! 

  • Sara Sanmartín Méndez

    Yo pienso que es un conjunto de cosas: como vosotros apuntais en los continuos cambios en los gobiernos y, por lo tanto, reformas en las leyes educativas en base a la filosofía o ideología que tengan, la cual no quiere decir que sea la más adecuada para que haya una mejora en el sistema educativo; crisis y, por lo tanto, recortes, sobre todo en educación, lo cual hace que haya menos financiación y, por tanto, menos recursos y posibilidades de estudio; y, en gran parte, bajo mi punto de vista, decisiones que adoptan que no se ponen en referendum y que llegan a "imponer", que al fin y al cabo no son positivas ni para la calidad ni para la mejora de la educación. Wink

  • david reboredo gutiérrez

    E certo o que vos decides de que a existencia de moitas leis de educación ao longo da democracia non favorecen ao establecemento duns estándares igualitarios de equidade e calidade nin contribúe ao afuizamento dun sistema educativo estable. Neste senso sería adecuado o establecemento, mediante consenso entre todas as forzas políticas, dunha lei de educación igualitaria e xusta para todos. Sen embargo, penso que isto non é posible no noso país debido a influencia do escuro pasado na actualidade e a diversidade de posicións ideolóxicas que existen. No tocante á desigualdade si sabía da existencia de tales condicións, pero chamoume a tención que so unha comunidade autónoma teña uns niveis de calidade e equidade adecuados.