Copyright ou Copyleft?

Despois do falado na clase expositiva do 17 de marzo sobre coñecemento aberto ou pechado, decidín indagar un pouco máis sobre o movemento Copyleft.

Segundo a páxina web oficial da Fundación, Copyleft é “grupo de licencias cuyo objetivo es garantizar que cada persona que recibe una copia de una obra pueda a su vez usar, modificar y redistribuir el propio trabajo y las versiones derivadas del mismo. Unas veces se permite el uso comercial de dichos trabajos y en otras ocasiones no, dependiendo que derechos quiera ceder el autor.”

Neste punto, debemos ser conscientes da propiedade intelectual como conxunto de dereitos que regula as creacións do ser humano. Hai dous tipos: propiedade industrial (marcas e patentes) e dereitos de autor (creacións artísticas).

Dentro dos dereitos de autor hai diferentes tipos: os dereitos morais (autoría e integridade da obra) e dereitos de explotación (reprodución e difusión pública). Estes dereitos de explotación son recollidos por lei como o chamado Copyright.

Neste punto é onde xorde o debate. Copyright ou Copyleft? Está claro que a autoría é unha cuestión ética. O recoñecemento do autor da obra e a integridade desta é algo necesario, senón pasaría a ser un delito moral. Pero o Copyright  pode que non lle permita aos usuarios un bo acceso e goce destas obras.

Dende o meu punto de vista considero que é un debate intenso no que entran en xogo moitos dereitos e deberes. O dereito a explotación é algo que rivaliza coas licencias restritivas ou non restritivas. Aínda así, penso que é importante fomentar a participación de axentes na creación de coñecemento aberto, gratuíto e que se poida transformar, modificar, aportar,... pero sempre recoñecendo a autoría.  

Comentarios

  • Rocío Rodríguez Estévez

    Opino lo mismo que tu Bea, como dije antes en el debate de Adriana, el hecho de compartir información permite el enriquecimiento de esta sociedad de la información, sin embargo, considero que no se debe dejar de tener en cuenta la autoría porque "dicha creación" (la que sea) no deja de ser el resultado del trabajo de una persona que le ha dedicado su tiempo y esfuerzo.

    Pd: gracias por la info, me quedo muy clara la explicaciónKiss