Vivir nunha burbulla

Se me metese nunha burbulla durante unha semana na cal non poidese ter acceso ás novas tecnoloxías ... non sei como sairía eso! O que si podo é imaxinalo

Polas mañás, tería que volver a programar o despertador de toda a vida, si,ese mesmo que fai tic tac tic tac toda a noite mentras pasan as horas. Levantariame tódolos días e almorzaría mirando para o aire, xa que normalmente o que fago é ver as noticias do periódico no móbil. Na clase non creo que tivese maior problema, xa que para empezar non deberiamos usar o móbil na nesma. Non levaría o ordenador para facer traballos ou tomar apuntes na clase, ao mesmo tempo que os profesores só usarían o encerado e a súa voz para explicarse; nada de power points nin proxectores. 

Volvendo a casa, a hora da comida pasaríaa tamén mirando para o aire, mentres que pola tarde supoño que me adicaría a ler ou intentar facer os traballos de clase. Digo intentar, xa que, sen internet nin ordenador nin móbil, terían que se manuscritos, e a información non crece nas árbores, polo que os meus paseos á biblioteca serían terribles. 

Xa as noitiñas, se quixese quedar coas amigas, pois tería que probar sorte e ir timbrar ós seus pisos (se fose capaz de acordarme dos portais e número de piso) e, se teño sorte, estarían alí; senón xa me podo tirar horas recorrendo Santiago. 

Finalmente, xa na casa, creo que me sentiría terriblemente nerviosa á noite, xa que a cantidade de información que me puiden perder durante o día en comparación a outros compañeiros pode ser enorme. 

Creo que sería moi difícil levar a cabo esta práctica, xa que, se ninguén fixese uso das tecnoloxías, todos estariamos máis ou menos igual e os problemas serían menores; acostumariamonos a vivir así. O problema, é que sendo ti só o que non usaría as tecnoloxías, o resto de persoas seguiria co seu ritmo de vida enganchado sen preguntarse por ti. 

Con isto doume conta da conexión tan forte que temos coas tecnoloxías. Non podemos vivir sen elas xa que están terriblemente enraizadas o noso redor. O que si podemos é limitalas, cando estemos nunha terraza cos amigos deixar o móbil aparte; e poñer en práctica aquel xogo que durante un tempo se fixo: poñer todos os móbiles nunha torre, e quen antes lle tocase, pagaba a conta Wink

Comentarios

  • Laura Fernández Rivero

    Gracias Carla por compartir esta entrada!Smile Como bien dices, es muy complicado llevar esto a la práctica. Este verano estuve unas semanas sin utilizar Whatsapp (porque quise, no por no tener teléfono ni nada por el estilo jaja) y la verdad es que era muy difícil poder quedar con mis amigos, porque todos ellos se comunicaban por esta vía y yo no me enteraba de nada hasta el último momento. Realmente podría vivir perfectamente sin este tipo de comunicación, pero todo sería mucho más complicado... 

  • je

    ¡Que razón tienes! yo no me puedo imaginar vivir sin ellas....pero estoy contigo cuando dices que es necesario limitar su uso. No podemos olvidarnos de vivir la vida en la calle, de relacionarnos con nuestro entorno y no sólo en las pantallas de un ordenador, tablet... porque de lo contrario no sabríamos lo que es disfrutar de la vida! Wink

  • david reboredo gutiérrez

    Estou dacordo contigo, pola costume que temos a usar as novas tecnoloxías, sería imposible vivir sen elas, pero como ti dis, cómpre que fagamos un uso responsable das mesmas e non estar continuamente "enganchados", fomentando tamén o contacto coas persoas que nos rodean evitando que as novas tecnoloxías nos usen. 

  • Belén Varela

    Estou totalmente de acordo aunque o emprego da tecnoloxía na actualidade trae moitos riscos e abusamos moito dela. Deberíase a nivel político fomentar no ámbito educativo unha educación na tecnoloxía e nos riscos que trae contigo sobre todo na adolescencia xa que non paramos de ver casos nas noticias dun uso da tecnoloxía para fomentar a ilegalidade.

  • Belén Quintana Río

    Es increible lo mucho que llegamos a depender las tecnologías, aún así no veo nada malo en que nos hagan la vida más fácil (Cool). Es cierto que a veces abusamos un poco, pero supongo que si cerramos nuestra mente y nos limitamos a observar solo los puntos negativos aún estaríamos comunicándonos con señales de humo. Si, tengamos un poco de control en el excesivo uso, sobretodo si estamos con gente es preferible dejar el teléfono a un lado y disfrutar de la compañia, pero respecto a las facilidades que nos ofrecen como comunicarnos, un despertador, buscar información... por qué no aprovecharlas?