A caída dos MOOC

Non nos imos enganar, ás veces a tecnoloxía non conleva innovación, senón que reproduce modelos que críamos estar a superar.

Supoño que a maioría de vós escoitou falar dos MOOC, eses cursos gratuitos de carácter aberto que naceron coa idea de espallar o coñecemento entre aqueles que non tiñan fácil acceder á universidade. Non imos negar que a idea era boa, pero parece que non funcionou como se esperaba, ou iso di El País, aínda que matiza que é posíbel que renazan das súas cinzas (xa sabemos que as innovacións non sempre saen á primeira).

http://economia.elpais.com/economia/2014/10/08/actualidad/1412783861_083138.html

Máis crítica é a ponencia presentada por tres profesores universitarios no 6º Congreso Internacional de Educación Abierta y Tecnología Ikasnabar´13, que os acusa de favorecer unha educación pasiva, etnocentrista e baseada nun modelo de mercado.

https://www.academia.edu/4000541/La_falsa_disrupci%C3%B3n_de_los_MOOC_La_invasi%C3%B3n_de_un_modelo_obsoleto

Eu probei un e a verdade é que non me pareceu nada revolucionario e creo que as críticas que están a recibir son bastante acertadas. Sen embargo, tamén son unha fonte máis de información que pode resultar útil, aínda que creo que iso é todo o están a aportar. Espero que o artigo de El País estexa no certo e os erros nos que se caeu sirvan para poder aplicar as ideas coas que naceron.