Pros e contras das novas tecnoloxías

A medida que nos imos introducindo na materia e nos imos facendo conscientes de que as tecnoloxías están tan involucradas no noso día a día que chegará o punto no que non sepamos discriminar ata donde chega a realidade e comeza o virtual, si é que xa non o somos.

neste espazo o que quero é, segundo o meu punto de vista, os pro e contras que eu atopo nas novas tecnoloxías. Comezando polos puntos positivos dicir que foron, e son, unha gran fonte e ferramenta de avance e investigación, sendo un campo, e un obxecto, de estudo contínuo; a súa función de comunicar, sobre todo a varias persoas entre sí ou cubrindo grandes distancias é un punto a favor das mesmas, como ser unha forma de reducción do esforzo e de facilitación de tarefas. Axudan ao desenvolvemento do ser humano en canto as súas relacións sociais, educativas ou mesmo laborais, así como un desenvolvemento cognitivo superior.

Sempre que hai uns puntos positivos tamén hai uns negativos, e mais sendo algo tan en contínuo debate e discusión como son as novas tecnoloxías, pois estes son os que eu lles vexo: principalmente a adquisición das mesmas por uns altos custos na súa maioría, así como as desigualdades que isto provoca (brecha dixital, socioeconómica,...), ademais da desinformación constante que existe nelas con cada nova aplicación ou ferramenta que sae ao mercado. Un punto negativo que non é totalmente causado polas novas tecnoloxías é que son unha fonte de incitación ao consumo e á publicidade, hoxe en día non podes visualizar un vídeo ou entrar en ningunha páxina sen antes ter que "tragarte" algún que outro anuncio.

Xa que nos achegamos, mais ou menos, ao ecuador da materia e se vai a realizar a primeira avaliación do Stellae gustaríame facer unha breve reflexión e autoavaliación sobre o meu proceso na materia. Comezar dicindo que todos os coñecementos da materia, a forma en que se van construíndo entre tod@s tanto nas sesións como no Stellae son de gran relevancia para o meu, e o noso, aprendizaxe, a nivel teórico e práctico; tamén que esta materia me cambio a perspectiva sobre a utilización das tecnoloxías no ámbito educativo, fomentando dinámicas de aprendizaxe interactivo.

A importancia desta materia nesta carreira, e noutras moitas, reside na súa aplicación como futuros profesionais sendo o campo tecnolóxico cada vez mais amplo e con mais forza en todos os aspectos da sociedade; xurdindo de aquí unha necesidade de educar e fomentar neste ámbito, polo que persoalmente considero que a aplicación desta materia en anos anteriores sería de maior proveito para poder explotar mais e mellor esta faceta ao longo de toda a carreira.