Ferramentas na rede

Boas raparigos! O 3.0 segue dándome alegrías como Muy Interesante! As últimas novidades traenolas o artigo Apps para alumnos con dificultades específicas de aprendizaxe (DEA). Móstranos unha serie de aplicacións que se poden utilizar con alumnos que sofren dislexia ou TDAH, o que lle permite mellorar os seus coñecementos en materia de concentración, escritura, alfabeto e fonemas ... intentando unilo así mesmo aos sentimentos que este tipo de necesidades producen. 

  • Alex aprende a ordenar 
  • Las letras y yo. Un cuento sobre la dislexia
  • TDAH trainer
  • Piruletras
  • Alphabetics 

Todas elas ofrecen diversas actividades que os nenos e nenas poden utilizar para avanzar no seu aprendizaxe, aínda que, despois de investigalas un pouquiño, eu quédome con Alex aprende a ordenar ou Alex aprende a vestirse solo, xa que non se centra na aprendizaxe propiamente escolar, senón que pretende que o neno vaia incluíndo no seu día a día tarefas sinxelas como poden ser vestirse, distinguir as tarefas diarias de hixiene ou ata coñecer diferentes oficios.  Podedes atopala en: 

http://www.didacticapps.com/apps/

Ademais contan cun vídeo promocional da APP, que é o seguinte: 

Na miña opinión o erro que lle vexo estas aplicacións, é precisamente iso, que son aplicacións, non se permite o seu uso online na rede. Isto, para familias que non conten cunha tablet ou Ipad, pode ser un inconvinte, porqe xogar no móbil vese un pouco complicado ... e xa que no ordenador non se poden utilizar non lle queda outra opción. De todas maneiras na rede podemos atopar moitos outros xogos ou actividades que utilizar online, asi que as posibilidades seguen abertas a todos os usuarios; aínda que non todos poidan acceder a todo.

Reafirmo con isto a miña opinión da gran labor que fan este tipo de ferramentas para a aprendizaxe do alumnado, tanto os que teñen necesidades especiais como os que non; xa que, de maneira complementaria ou única, as tecnoloxías favorecen espectacularmente o seu desenvolvemento. 

O artigo enteiro podedes velo en: 

http://www.educaciontrespuntocero.com/accesibilidad/apps-alumnos-dificultades-especificas-aprendizaje-dea/25080.html

Comentarios