¿Todo é cuestión de diñeiro?

Por Sandra Comentarios (1)

Botando un vistazo no meu facebook, vin unha noticia nun periódico moi coñecido, La voz de Galicia, a cal me chamou moito a atención, e non dunha forma positiva.
Debido a Lei de Propiedade Intelectual, os colexios deberán pagar 1,25 euros por alumno/a ao ano, para poder emitir películas, series ou documentais completos.
Ao ver esta noticia deime conta da auténtica realidade que está sufrindo a educación neste país, considero que a utilización desta película para un fin educativo debería ser totalmente gratuíto, como ata o de agora, xa que non se trata de comercializar con este material, quitándolle un rendemento económico, senón de quitarlle certo beneficio académico.
Ao ler esta noticia encóntrolle certa relación co aspecto vinculado as novas tecnoloxías, considero que este feito, vai crear certas brechas ou diferenzas entre uns colexios e outros. A falta de oportunidades, vinculadas ao económico (680€/ano), repercutirá en certa maneira na educación dos cativos e cativas.
Isto relaciono estreitamente coas brechas dixitais que se poden establecer en relación a dispoñibilidade de recursos informáticos ou neste caso audiovisuais, xa que un centro pode dispoñer de esta cantidade de diñeiro pero outro non poderá dispoñer de este recurso, aumentando a diferenza de oportunidade entre os alumnos e alumnas dun centro e de outro.

 

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2015/03/26/coles-pagaran-emitir-peliculas/0003_201503G26P21991.htm?utm_source=facebook&utm_medium=referral&utm_campaign=fbgen

 

Comentarios

  • Almudena Alonso

    Interesante reflexión Sandra.

    A problemática que comentas é de gran relevancia, e como ben comentas está relacionada co tema das Brechas Dixitais e as posibilidades de acceso que comentamos na última sesión, que desta forma parecen aumentarse entre aqueles que teñen recursos e aqueles que non.

    Ademais poderías relacionalo coa túa propia situación e as dificultades coas que te estás atopando para compartir o teu traballo a través da Carpeta Pública de Dropbox, pois agora (dende outubro de 2012) é só accesible a aqueles que teñen conta empresa ou conta PRO, polo tanto cabe volver á túa pregunta: todo é cuestión de diñeiro?, é dicir, o coñecemento está en función dos intereses económicos que xera?