Unha semana sen tecnoloxía

Luns, martes, mercores, xoves, venres, sábado e domingo.

Comezando dende pola mañá xa tería bastantes dificultades para espertar debido a que non teño despertador propiamente dito, se non que emprego a alarma do meu móbil. Non podería consultar o peiódico on line mentras almorzo, se non que tería que vestirme e baixar a mercalo ó quiosco.

Tampouco sería quen de consultar as novidades no meu facebook, instagram ou no correo electrónico o cal me produciria un enorme trastorno coa vida universitaria, que está prácticamente ligada ó campus virtual. Se subiran agún aviso da materia eu sería a única que non me decatara del, xa que tampouco tería un móbil con whatsapp ou internet.

Á hora de realizar calquer traballo ou práctica xurdiriame o problema de ter que desplazarme á bibioteca para buscar información (e buscar os libros de maneira manual, non na base de datos informática), é para escribilo tería que facelo á man xa que non contaría nin co meu ordenador portátil, nin cun procesador de textos. (Por suposto a entrega do traballo sería estrictamente necesario que o fixera en man , na facultade). O que sería un incordio.

No meu tempo de ocio non podería escoitar música (xa que non teño casette), ver ningunha serie ou película que non estiveran dando pola tele ou xogar a calquera xoo on line. Nos días de choiva esto pode ser sumamente aburrido. Sobre todo nesas noites de imsomnio.

Definitivamente, a pesar de que non sería complicado sobrevivir sen tecnoloxía, si que se nos faría costa arriba.Estamos acostumados a unha serie de "luxos" que pouco a pouco foron mudando ata converterse en necesidades para nos.

Espero que vos guste a miña reflexión !

Un saúdo