Educación na nube

Coñecedes o termo “Educación na nube”? Fedellando na páxina web da Revista de Educación 3.0 hai un artigo que fala acerca deste termo. Segundo este artigo, a nube é: “o conxunto de ferramentas e aplicacións on line ás que se pode acceder desde calquera dispositivo sempre que estea conectado a Internet, e independentemente do sistema operativo co que funcione”.

Para isto tamén é necesario acceder a un servizo gratuíto ou de pago, e estes poden ser: os servizos web para almacenar documentos e poder compartilos, outros para modificar ficheiros e crear distintos documentos, ou tamén onde se fan consultas de vídeos, libros electrónicos…

A nivel educativo é un gran exemplo o software StarCloud, desde logo que nunca coñecido por min. Ofrece grandes posibilidades para traballar de forma colaborativa e a distancia; creada unha lección, xa se garda de xeito automático na rede e sempre vai estar dispoñible. Ademais ofrece un amplo abano de posibilidades nos arquivos: texto escrito con teclado pero tamén á man, debuxo a man alzada, compartir arquivos e documentos, incorporara páxinas web, vídeos, imaxes… etc.

Deixovos aquí o enlace por se vos interesa: http://www.educaciontrespuntocero.com/recursos/herramientas-para-trabajar-en-la-nube/25066.html

 

Outro archivo interesante levaba por nome a “Tecnoloxía que vén”.Este ensina exemplos de produtos novos que pouco a pouco se irán incorporando ás aulas para tentar que os alumnos estean motivados á hora de facer as tarefas e así lles resulten máis sinxelas e dinámicas. Hai diversidade de produtos moi interesantes e novedosos. Votádelle unha ollada! Aquí vos queda o link:

http://www.educaciontrespuntocero.com/novedades2/la-tecnologia-que-viene-6/25132.html

 

Tanto co termo da nube como cos produtos novos que se irán incorporando pouco a pouco na educación, no ámbito escolar e no familiar, que anteriormente vos mencionei, vemos a importancia que adquiren diariamente as TIC nos procesos de ensino – aprendizaxe. Grazas as TIC podemos manexar moita información con máis axilidade, como coa aplicación que permite subir as leccións, por dar un exemplo. Pensades que as TIC deberían substituír en certa medida algúns dos recursos ou aparellos utilizados ata o momento? Ofrecería isto moitas posibilidades, pero en certa medida, non alcanzaría posibilidades que con outros recursos temos; cun libro temos a posibilidade de tocar, pasar as follas, escribir e facer anotacións... Ben é certo que cun libro electrónico seguramente poidamos facer o mesmo ou polo menos de xeito parecido, pero considerades adecuado que se estean olvidando certos aspectos como este? Literalmente volo digo, xa teño visto a nenos de curta idade intentando pasar as follas dunha revista como se se tratase dun aparello táctil... Ofrecer novas posibilidades á hora de aprender, SI; eliminar materiais que non deixan de ofrecer posibilidades polo de agora, NON. 

Comentarios

  • Carla Vázquez Formoso

    Xenial o artigo Noelia! A verda de é que eu tamén o lera respostando as túas preguntas si que penso qe as TIC deberían substituír algún dos recursos utilziados nas aulas, xa que nos pode dar infinidade de posibilidades que poden motivar máis aos rapaces para que se interesen máis na súa aprendizaxe! Son da idea de que as TIC son unha ferramenta complementaria, pode haber ocasións nas que se poida substituír de todo os libros convencionais, pero non en todas nin moito menos! O ideal é que sexan complementarios na miña opinión Tongue Out