Isto é o que queremos?

Boas!

Nos días pasados as miñas compañeiras de grupo (Ana Romero e Sara Varela) e mais eu animámonos a usar as TICs para a presentación dun traballo da materia de Observación e Análise: Escola e Contexto.

Concretamente realizamos unha presentación animada. Viramos este formato na clase de TICs onde se puxo un dos vídeos de Garder, e a verdade é que nos encantou, polo que cando se nos presentou a oportunidade non dubidamos en imitar este modo de presentación (aínda que con resultados algo dispares).

Para isto eleximos a páxina "powtown", que permite crear presentacións online (sen ter que descargar nada), e garda o contido realizado ata ese momento tamén online. É bastante sinxelo de usar, e unha vez que lle "colles o tranquillo" xa non tes problema ningún. A única pega que podería poñer é que as plantillas e animacións están moi limitadas, xa que a maioría só corresponden á versión "premium". Unha vez realizado podes subilo a youtube, e dende ahí exportalo a outros formatos.

Para nós a experiencia foi bastante satisfactoria, e a pesares de que nos levou bastante tempo realizala mentres o facíamos pasámolo moi ben, polo que podemos concluír que valeu a pena (mais aínda logo de comprobar os resultados na aula).

Bueno, sen mais dilación preséntovos o froito do noso traballo, tanto para os que o vistedes en directo como para os dos outros CLIS. Nel quixemos facer unha crítica ós modelo de escola actuais cun pouco de humor. Agardo que vos guste! E agardo que o programa vos pareza interesante e vos animedes vos a facer unha!

 

 

Un Saúdo!