"Solo el 2% de los alumnos distingue la información relevante en Internet"

Bos días!!

Andando por twitter, atopeime cun tweet no que se compartía esta noticia. Debido ao seu chamativo título decidinme a abrir o link e ler máis sobre o artigo. 

Despois de realizar a lectura, quedei bastante asombrada cos datos que nela se recollen. Xa que se di que só un 2% dos alumno do mundo desenvolvido son capaces de detectar a información importante na rede, diferenciandoa da menos relevante. É por iso que vos animo a leela a través deste enlace:  http://lector.kioskoymas.com/epaper/viewer.aspx?noredirect=true

A miña pregunta ou reflexión é: cal é ou debería ser o noso papel como docente ante esta situación? Como se deberían canalizar as TIC en educación infantil para crear usuarios críticos?

Despois de ler a noticia… como valorades, actualmente, o uso das TIC en EI?


Comentarios

  • Almudena Alonso

    Laura expós un tema de gran relevancia e que comentamos na clase. De feito poderías profundizar un pouco máis sobre a necesidade de formar lectores críticos na sociedade actual e a escasa competencia dixital dos chamados "nativos dixitais", dándolle maior fundamentación á túa reflexión.

    Podo comentar a túa entrada porque coñezo os resultados do Informe Internacional ao que se fai referencia, pero o enlace que deixas non leva á noticia, e penso que pode haber fontes máis relevantes e fiables que informen sobre o resultados do informe.

    Ademais, esta entrada poderíala incorporar en Discusións do Grupo, pois plantexas un par de preguntas ben problemáticas.

  • Laura Rodríguez Pedrares

    Ola Almudena! Gracias por avisar de que non funciona o enlace, pero trátase dunha noticia publicada no periódico El País (Galicia) a cal accedín a través do lector de Kiosko y Más. Agora deixovos o enlace directo do periódico El País, a ver se así funciona: http://tecnologia.elpais.com/tecnologia/2015/02/25/actualidad/1424883013_307170.html

     

    Gustaríame incorporala en Discusións do Grupo, pero non sei como xa que ando bastante perdida no manexo da Stellae (esta é unha das queixas que presentamos o venres). Aínda así, intentareino introducindo o novo enlace.

    Gracias!

  • Silvia

    na miña opinión isto sucede debido a que os usuarios aínda estamos máis familiarizados a buscar información en outras fontes,e ainda non temos as competencias necesarias para emregalas e aproveitalas en igual medida que as fontes tradicionais

    a solución pasaría por habituar os mais pequenos a buscar información nesas fontes, e dotalos das competencias necesarias para elo, habituar os nenos a buscar información na rede de forma correta no día a día das aulas (xa non de infntil, que me parece que debido á súa curta idade só deberían empezar a tomar contacto coas TIC no campo do ocio educativo empregando xogos como recurso)

  • Almudena Alonso

    Laura, déixote aquí a miña noraboa por dous motivos: 1) por seres quen de abrir un foro con este tema nas Discusións do Grupo (con axuda de compañeiras ou por ti mesma, pero feito está e as docentes, neste caso, nada tivemos que ver), e 2) pola amplitude e profundidade que lle deches.

    Déixote aquí este comentario para non entorpecer a posible discusión e debate que xorda no grupo coas túas compañeiras.

    Ánimo!