Actividade con TIC's- Google Maps

As TIC’s ás que temos acceso hoxe en día son un gran recuso a ter en conta á hora de traballar nas clases.

Por este motivo, aventureime a realizar unha actividade con Google Maps, na cal se trata o contido de “ Mares e praias da península”, como actividade enmarcada dentro dun proxecto mais amplo de coñecemento da contorna, mais concretamente do mar. Na mesma, creei unha serie de marcadores, e clicando sobre eles teremos acceso á información e a vídeos e imaxes sobre o lugar, tentando deste modo achegar ós nenos a distintos puntos da península así coma xerarlles interese polo  coñecemento da contorna.

Tedes mais información sobre a proposta de realización actividade, cos correspondentes obxectivos e outros aspectos organizativos no primeiro documento, "Actividade con TIC's" (actualizado).

Do mesmo modo, no segundo documento (Explicación actividade google maps) indícovos como se realiza a actividade.

Aquí tedes o resultado en imaxe: (recoméndovos acceder ó mapa para interactuar con el).

Exemplo mapa.JPG

E aquí tedes o link: https://www.google.com/maps/d/edit?mid=zgg1kGt5p9cM.kEzcwGnHJ7Pg

Agardo que vos guste!

 

Un saúdo!

Actividade-estratexia didáctica con TIC (actualizada)- Sanín Sánchez, Lorena.pdf

Explicación realización actividade con google maps.pdf

PD: ó ser dous os arquivos subidos deberedes clicar enriba de cada un para que vos de a opción de descargalos.

Comentarios

  • Almudena Alonso

    Suxerente proposta de actividade didáctica con TIC, Lorena.

    A relación co currículo tanto de infantil (que tan ben detallas no PDF), como de niveis superiores é evidente, e polo tanto pode resultaralle útil a moitos docentes. Ademais o mapa que realizaches está fantástico! O único que boto un pouco en falta é o deseño da actividade, a descripción pormenorizada do proceso paso a paso; pois se ben fas un tutorial sobre como empregar o google maps a nivel técnico (moi completo e claro), faltaría saber como se organiza a actividade. É dicir, non é o mesmo que sexa a docente a que faga todo o traballo de busca, selección de imaxes, videos..., definición dos puntos de interese no mapa, etc. e que o alumno teña a oportunidade de acceder ao mapa para informarse (rol receptivo); que que sexa o grupo clase o que busque información sobre as prais (e demais accidentes xeográficos), fagan debuxos, reciten algunha poesía dedicada a algún destes espazos, etc. (rol activo) e que sea logo esta información a que se engada aos puntos de interese do mapa, que será un mapa colaborativo creado entre todos e sentido como propio por todos, ademais do impacto que ten que o seu traballo sexa público e axude a outros nenos e nenas, e á sociedade en xeral.

    Un saúdo e ánimo!

  • Lorena Sanín

    A verdade é que pensaba que o traballo consistía en que me centrara mais na perspectiva de 'crear' unha actividade para desenvolver na aula, e non na utilidade real que pode ter nas aulas (así como outros aspectos relacionados coa mesma). En vista desto e do post que colgaches hoxe modificarei algúns aspectos da actividade e incluirei aqueles puntos que me faltan para ver se así mellora a súa calidade.

    Grazas polas recomendacións!

  • Almudena Alonso

    Lorena unha proposta fantástica!

    veño de ver os cambios e vexo que todo o proceso está agora explicitado, detallado e moi claro.