As TIC na Educación

Non é novidade afirmar que a nosa realidade está impregnada dende o primeiro momento de tecnoloxía. Dende o noso espertador ata o cepillo de dentes está composto por algún circuito eléctrico e aínda que queiramos evitalo xa estamos dentro dunda realidade tecnolóxica.

Como tecnoloxía da que me concerne falar están as TIC (tecnoloxías da información e da comunicación) aquelas que se son integradas efectivamente na educación poderían ser un primeiro paso para sentar as bases dunha nova era de inclusión (Vidal, 2005). Inclusión na medida na que poidamos ofrecerlle a todos os nenos en todos os lugares unha educación de calidade e individualizada, que sen necesidade de gran cantidade de profesionais se poida dar unha atención personalizada.

A tecnoloxía pode suministrar medios para a mellora dos procesos de ensinanza e aprendizaxe e para a xestión dos entornos educativos en xeral, favorecer a colaboración entre familias, os centros educativos, o mundo laboral e os medios de comunicación, poden proporcionar medios para facer chegar en todo momento e en calquer lugar a formación "a medida" que a sociedade esixa a cada cidadán, e tamén poden contribuir a superar desigualdades sociais; pero o seu uso a favor ou en contra dunha sociedade máis xusta dependerá en gran medida da educación, dos coñecementos e da capacidade crítica dos seus usuarios (Marqués, 2012). Por isto, temos que ter un novo concepto de educación na que a formación debe centrarse en crear un espíritu crítico, en crear un criterio de calidade para poder elexir convenientemente a información que os rodea.

Tamen é importante transmitir paciencia ós alumnos, poden acostumbrarse a ter a información ó instante e cando isto non ocorre poden sentirse moi frustrados, debemos formalos demostrandolles que non ocorrerá nada por esperar e sobre todo potenciar a importancia do coñecemento, da sabiduría, que no noso cerebro, o saber non ven en megas e non temos límite de espacio nin de cobertura.
O problema está en como convertir as potentes e cada día máis sofisticadas ferramentas de información e comunicación en instrumentos para a aprendizaxe e o coñecemento (Sancho Gil, 2008). Todos queremos mellorar en educación, atender da mellor maneira a todos os alumnos, crear un coñecemento basado en comprensión e ver nos alumnos un interese polo saber facer e saber ser. Podemos decir que peca de utópico na medida en que descoñecemos as medidas de intervención pertinentes, non se sabe como actuar nin que medios empregar para cumplir os obxetivos que vemos facilitados polas TIC.
Como principal obstáculo temos un profesorado formado na súa maioría por persoas que viviron a parte máis importante da súa socialización na época da ditadura franquista (Sancho Gil, 2008) na que os sistemas educativos non deixaban ningún lugar á comprensión nin ó tipo de coñecemento que buscamos agora, nen sequera había sitio para a interpretación propia a pesar de que estarán rodeados de alumnos que pertencen a unha nova xeración, unha xeración dixital na cal a información e a aprendizaxe xa non está relegada ós muros da escola nin é ofrecida polo profesor de forma exclusiva. Ademáis estes docentes non están capacitados para o uso das tecnoloxías, quizás sí na súa vida diaria pero de forma máis limitada na súa actuación docente. E o problema non está só en si se empregan ou non as TIC, se non se se fai de forma adecuada en relación cos obxetivos que perseguimos xa que sabemos que cando as tecnoloxías son empregadas polo profesorado na aula, o tipo de prácticas docentes responden a un modelo expositivo e/eu tradicional de ensinanza máis que a modelos socioconstructivistas (Area, 2008).

Preséntanse nesta imaxe funcións realmente interesantes das TIC na educación: http://peremarques.pangea.org/uabpp/funcion.jpg 


E é indiscutible que máis que materiais tecnolóxicos sofisticados o necesario é unha formación do profesorado tanto no uso dos materiais como na concienciación de renovación constante que necesitarán na súa vida laboral xa que as TIC avanzan a unha velocidade inconcebible. Tamén considero necesario unha concienciación, mostrarlle ós mestres, ás persoas maiores que non deben temer o mundo que non coñecen, que as tecnoloxías non son inocuas pero podemos sacar gran partido delas, sobretodo se sabemos utilizalas correctamente.

Nós, como docentes en formación, nados na década dos 90, podemos afirmar que crecimos nun contexto no que a tecnoloxía dixital forma parte da nosa vida cotidiana (Sancho Gil, 2008) e iso fainos partir dunha certa vantaxe, estamos preparados para formarnos a través de vías dixitais así como de ofrecer atención ós nosos futuros alumnos nese campo. Como engadido estamos formados de forma non intencionada no cambio, nunha constante actualización de modelos, aplicacións, programas, aparatos, marcas... estamos e estivemos sempre inmersos no cambio e por iso non o tememos. Por estas razóns vexo que somos o verdadeiro camiño para a revolución da educación da que nos fala Vidal (2005) entre outros autores.

No meu paso pola escola non tivemos moitos recursos tecnolóxicos, en toda a miña etapa primaria non vivín moito máis que un vídeo conectado a unha televisión de tubo cun gran traseiro.Tamén tiñamos uns poucos ordenadores que tardaban uns 10 minutos en estar preparados para funcionar e empregamolos tan só nas materias de inglés e tecnoloxía, aquelas que seguían un método máis constructivista e sen apenas empregar internet, só con actividades que adoitaban estar nun cd (que adxuntaba o libro de texto).
Cos anos empregamos máis os ordenadores e sobretodo o seu uso era moito máis dinámico pero aínda así escaso. Considerome integramente autodidacta no uso das TIC, eu mesma na miña casa, no ordenador da miña irmán maior (que tardaba unha media hora en encenderse polo vello que era) e a través das miñas dubidas e de google disposto sempre a resolvermas (con máis ou menos atino). Cando cheguei ó instituto (para cursar o bacharelato) o material dixital que tiñamos era un canón por aula que era empregado por algúns profesores para poñer diapositivas, cun enfoque tan teórico que non difería dos apuntes en papel que tivera ata aquela.

Considero que non teño dificultades nas TIC gracias ó meu interese innato e ós coñecementos da miña familia porque na escola o contacto foi pouco e case inútil. E agora sigo tendo esas ganas de aprender, de dominar os recursos que teño diante e fasciname ter a oportunidade, non só nesta materia se non na realización libre de actividades que podrei (e incluso tendrei que) empregar na miña docencia o día de mañá. Somos nós, os pedagogos en formación, o verdadeiro camiño para o cambio aínda que considero necesario que o noso grao conte con máis dunha materia na que afondar sobre o tratamento das TIC na educación, xa que probablemente cando chegue a nosa hora de exercer, o protagonismo dixital nas aulas e nos demais escenarios educativos será altísimo e teremos que estar preparados para, ademáis de empregar os recursos de forma crítica, facer fronte ás posibles dificultades técnicas que poidan aparecer e estar en continua formación posto que a innovación é constante e cando creemos ter dominado o campo que nos concerne, xa terá cambiado.
Tamén temos que ser conscientes de que non necesariamente teñen que estar implantadas as TICs totalmente na nosa contorna para podelas empregar no noso beneficio xa que nos mesmos podemos buscar a innovación educativa máis alá do que nos ven imposto. E non só centrarnos en facer boas actividades coas tecnoloxías se non tamén axudar ós alumnos a moverse pola rede de forma útil e sobretodo responsable xa que o uso xeral das TIC aprenderano dende antes do que agora podemos concebir.

 

 

Comentarios

  • Jennifer Chamadoira Dominguez

    Esquecéuseme adxuntar a bibliografía

    • Vidal, Ma P. (2005).Integración de las Tecnologías de la Información y la Comunicación

      (TIC) en una escuela de primaria de Galicia. Estudio de caso. Doutoral dispoñible en:

      http://dspace.usc.es/bitstream/10347/9719/1/b19815086.pdf [Consultado 20/03/2014]

    • Sancho Gil, J. M. (2008). De TIC a TAC, el difícil tránsito de una vocal.Revista Investigación en la escuela,64, pp. 19-30. Disponible en:

      www.investigacionenlaescuela.es/articulos/64/R64_2.pdf [Consultado 20/03/2014]

    • Area Moreira, Manuel (2008). Innovación pedagógica con TIC y el desarrollo de las competencias informacionales y digitales. Revista investigación en la escuela, no 64, 2008,

      pgs.5-18