"La isla de los 5 faros": reflexionando sobre o Coñecemento aberto ou pechado

Hoxe, facendo a lectura do libro de “La isla de los 5 faros”, lembreime do que estamos a falar dende os últimos días no grupo de Tecnoloxía Educativa acerca do ¿Coñecemento aberto ou pechado?. Dito libro, fai unha reflexión acerca dunha comunicación eficaz a través da busca de cinco claves importantes; pero, aparte disto, fago referencia a dous parágrafos no que o protagonista transmite a súa opinión.

“También entendí que saber comunicar eficazmente una idea es tanto o más importante que tenerla. De poco sirven nuestros pensamientos si no somos capaces de hacerlos llegar a los demás. La incapacidad de hacer partícipes a los otros de lo que se nos ha ocurrido, de lo que pensamos, de lo que nos inquieta, de lo que deseamos, puede conducirnos a una inmensa soledad, a un profundo sentimiento de frustración. Aunque desde muy pequeños nos incitan a desarrollar nuestro talento, a tener ideas, nadie nos enseña la parte más comprometida: comunicarlas.

   Pude experimentar en mi propia piel que comunicar eficazmente tiene un efecto secundario: permite construir relaciones, porque la comunicación dice mucho de nosotros mismos y nos acerca a los demás. Crea complicidades. A veces, pocas desgraciadamente, nos tropezamos con un desconocido con quien sentimos que, de forma espontánea, hay «sintonía» porque nuestra comunicación es intensa y fluida, de comprensión mutua, como si las palabras nos llevaran a un mismo espacio emotivo, sin que sea condición indispensable la coincidencia de opiniones, entusiasmos o aflicciones. Comunicar, pues, nos ayuda a compartir y nos hace ser más personas”.


Non sei se con isto vos reflexionariades acerca do coñecemento aberto ou pechado. Nestas palabras, o protagonista fala da comunicación primordialmente, pero en certo modo, esta tamén trae consigo a transmisión de coñecemento; ao comunicarnos estamos transmitindo os nosos sentimentos, pensamentos, formas de pensar... en definitiva coñecementos. Ademais, o que sobre todo me leva a relacionar este texto co debate é cando di:

(...) Aunque desde muy pequeños nos incitan a desarrollar nuestro talento, a tener ideas, nadie nos enseña la parte más comprometida: comunicarlas. (...)

Comunicar, pues, nos ayuda a compartir y nos hace ser más personas.

Consideramos moi importante ter e desenvolver as nosas ideas con fundamento, pero comunicámolas? Facemos que estas se convertan en coñecemento aberto? Ou deixamos que sexan pechadas? Probablemente moitas veces erremos nisto é non queiramos comunicar e así poder compartir o noso coñecemento, en forma de ideas, pensamentos, sentimentos...; negándonos así a poder ser enriquecidos con outras ideas ou tamén perdendo a oportunidade de reflexionar acerca das mesmas.

Credes que ese certo recelo por compartir coñecementos se debe ao que o autor do libro indica cando di que ninguén nos ensinou a comunicar? Sendo esta a parte máis comprometida según el, pensades que é esa influencia de ninguén ensinarnos a compartir e comunicar o que agora nos provoca certo sentimento de que o coñecemento sexa pechado?


Para rematar indícovos a referencia do libro:

F. R. Cortés (2005). La isla de los 5 faros, Editorial Planeta.

Comentarios

  • Rocío Rodríguez Estévez

    Justo hoy terminé de leer el libro y pude comprobar que tenemos ideas muy semejantes (en el debate de Adriana pude confirmarlo), y esque el no compartir nos lleva, como dice el autor, a una profunda soledad, y creo que estarás de acuerdo conmigo cuando digo que esta soledad aparece cuando nos negamos a compartir lo que sabemos, o en algunos casos "lo que creemos saber". A  partir de esto, pienso que más de una vez nos hemos empeñado en afirmar que una cosa es de una manera y a través de la opinión de otras personas, con las cuales nos hemos comunicado de un modo u otro, hemos recapacitado, no solo cambiando nuestra opinión sino viendo lo mismo desde otra perspectiva. El hecho de compartir y comunicarnos no solo nos enriquece a nosotros sino que al resto también, nos ayuda a construír nuestro propio conocimiento y cada vez de manera más acertada.

    El problema no creo que solo provenga del hecho de que no nos hayan enseñado a comunicarnos, sino que a veces nos volvemos egoístas y no caemos en la cuenta de que a quien realmente le repercute esta situación es a nosotros. No se si me explico. ¿Qué opinas?

  • Noelia Fernandez Alvarez

    Eu penso que, ademais de mostrarnos "á defensiva" no momento de compartir información das nosas creacións ou sobre o que nos sabemos, o problema reside no medo que temos ao compartir coñecemento e ser valorados, ao "que dirán". E non somos conscientes das consecuencias disto, como ben dis ti desa soedade, e ademais a perda de oportunidades no momento de auto–correxirnos, enriquecernos con novos coñecementos, en definitiva aprender novas cousas.

  • Lucía

    Unha entrada moi interesante Noe. Ademais como todos temos que ler o libro podemos sacar moitas conclusións en conxunto. A miña opinión ao respecto é coma a túa. Desde moi pequenos nos incitan a ser independentes e emprendedores pero ninguén nos anima a poder comunicar esas marabillosas ideas aos nosos compañeiros. Ao contrario.

    Iso de: non llo digas que che rouba a idea ou non te metas no que os demais che digan, témolo moi oído. Creo que é o momento, e sobretodo tendo en conta que podemos empregar as novas tecnoloxías para iso, de comunicar eficazmente as nosas intencións e compartir co resto as ideas que teñamos. Smile