Clickedu

Bos días seguidores! Estamos a luns de Semana Santa, de vacacións, pero aínda así quería ensinarvos unha plataforma moi interesante coa que me atopei hoxe pola mañá: Clickedu. Porque de vacacións si, pero os que máis e os que menos algo de clase sempre temos por facer. 

Trátase dunha plataforma virtual que traballa ao redor da nube, permitindo a xestión académica, económica e administrativa do centro; xestión das aulas con acceso a contidos dixitais; ou a comunicación coas familias. Funciona en máis de 400 centros e en países como Andorra, Chile, Colombia e, por suposto, España, xa que é unha iniciativa Catalana. 

No seu traballo con el, ten, polo tanto, os seguintes apartados: 

  • Alumnos
  • Aula
  • Entorno de aprendizaxe
  • Contidos
  • Comunicacións
  • Familias
  • Xestión do centro
  • Servizos
  • Apps e mobilidade
  • Calidade e excelencia
Esta completa plataforma, por moito que queiramos e falemos de coñecemento aberto ou cerrado, na que moitos opinamos que determinados coñecementos deberian ser abertos, non é gratis. É necesari pagar unha cuota inicial edespois unha de mantemento; ademais da sesión informativa para que os traballadores dos centros educativos poidan comezar a traballar con el. 
 
Aínda sendo de pago paréceme unha iniciativa moi interesante e relevante para os tempos que corren. Porqué digo relevante? Porque considero que cada día as tecnoloxías están máis ao noso redor, e como xa teño manifestado, debemos adaptarnos a elas pero con sentidiño e cabeza. Esta de máis dicir que non imos forzar aos vellos profesionais que levan toda a vida nas escolas a un cambio drástico, pero, pouco a pouco, pódeselle ir ensinando a infinidade de iniciativas que temos hoxe en día para ofrecer unha educación máis diversa, sen ter que enterrar a cabeza en fichas tódolos días. Se este esforzo, penso eu, que se lle debería pedir a esta porcentaxe de traballadores (con axudas, cursos, explicacións e paciencia, moita paciencia) tamén se nos debe pedir a nos mesmos. Por moi mal que se nos den as tecnoloxías debemos enfrontarnos a elas, e facernos os seus aliados, porque de verdade que creo que sairíamos gañando. 

Aí vos deixo a páxina para que lle votedes un vistazo se vos interesa: 

http://www.clickartedu.com/index-es.html 

O video que podedes ver arriba é o video de presentación que os creadores da plataforma presentaron o ano pasado, xa que, aínda que o proxecto comezara algún ano atrás, é unha iniciativa moi recente. É un video moi largo, seino, pero que se lle vai facer! Cool