O drama Sirio

Ola!

     Aproveitando a boa nova de que para a semana que ven nos vai visitar unha periodista siria, non puiden evitar colgar aquí esta nova (a pesares de que non ten nada que ver coas TIC's) para todos aqueles que non a coñezades.

     Trátase dunha foto dunha nena siria duns 4 aniños levantado as mans en símbolo de indefensión ante o que ela pensa que é unha arma (e en realidade é a cámara da fotógrafa).

      É moi triste pensar en todo o que esta nena terá vivido e padecido na súa curta idade, para que teña semellante reacción, cando a súa idade todo debería ser alegría e xogos. É moi triste pensar tamén en qué consecuencias terá esta dura infancia na súa vida adulta e en que seguramente o medo sexa o menor dos seus problemas, xa que seguramente non teña cubertas as súas necesidades básicas. 

  Sen dúbida así e todo, o mais triste de todo é pensar que a gran maioría de nós non facemos nada para evitalo, e menos aínda o fan aqueles que teñen poder suficiente como para parar esta traxedia.

  Sen mais que engadir, deixovos o link, agardando que realmente pensedes nas consecuencias e se nos remova algo a conciencia pensando na sorte que temos, e que nos decatemos das estupideces das que nos queixamos  a diario.

Link:

http://www.cuatro.com/noticias/internacional/Siria-Facebook-guerra-viral-redes_sociales_0_1962975197.html

 

Comentarios

  • Tere

    Buenas noches Lorena!

    Justo esta mañana me encontré con esta foto en varios tweets, enlaces de Facebook... etc. Lo primero que pensé fue justo lo que comentas en tu entrada, cómo con 4 añitos puede reaccionar de tal manera ante lo que piensa que es un arma, no debía ser la primera vez que alguien le apuntaba y eso, realmente, es triste pensarlo.

    Seguidamente a mi cabeza vino otra imagen muy conocida, publicada en junio de 1985 como portada de la revista National Geographic, la imagen de la niña afgana, retratada por Steve McCurry en junio de 1984 en el campo de refugiados de Nasir Bagh, durante la guerra de Afganistán (link de la foto: https://limb00.files.wordpress.com/2008/03/sharbat-gula2.jpg )

    No es la misma situación pero estoy segura de que el sentimiento fue el mismo, sentirse "apuntadas" por la cámara, observadas por una persona desconocida, sin conocimiento de qué está pasando, en los ojos de ambas niñas se aprecia el miedo.

    Es importante pensar que gracias a la fotografía, ya no considerada como nueva tecnología en nuestra época pero si como medio de difusión, pudimos, podemos y podremos en un futuro, conocer realidades a las que muchas veces damos la espalda o no llegamos a profundizar en ellas, pero que gracias a imágenes como estas, consiguen atraer nuestra atención, empatizar, y querer informarnos sobre situaciones que merecen nuestra atención.

    Teresa Martínez Pérez

  • Lorena Sanín

    Moi ben relacionado!

    Eu tamén coñecía a foto, e a verdade é que si que trasnmiten ambas esa mesma sensación de angustia e medo, o que novamente non deixa de ser tan triste..

    Eu incluso iría mais alá, e diría que ogallá o uso das cámaras con fins divulgativos como dis ti tivese verdadeiramente repercusións, xa que por moito que se vexa e sexamos conscientes do que ocorre se non facemos nada...non arranxamos nada.

    Grazas por contestar!